O vindeiro 14 de abril vaise celebrar en Lalín a 4ª Xornada Provincial das ANPAS

baixo o tema de "INFLUENCIA DAS NOVAS TECNOLOXÍAS NOS FILLOS/AS", en horario de 10 a 14,30 h., no salón de usos múltiples do CEIP Manuel Rivero.
Está organizada, como nas tres anteriores, polas ANPAS de Lalín.

Vai contar con varios ponentes, entre eles Olga Patiño (CONFAPA), J. Antonio Gómez Fraguela (Profesor de Psicoloxía na USC), J. Manuel Sierra González (Profesor de Informática no IES Aller Ulloa), J. Manuel Rodríguez González (Profesor Tecnoloxía no IES Pintor Colmeiro), Ana García (Psicóloga Escolar), entre outros.

É aberta a todos (pais, nais, profesorado e alumnado).
Logo da Xornada hai unha comida no Restaurante Rías Baixas; o custe é de 20€ por persoa, para o que haberá que confirmar a asistencia alomenos con tres días de antelación.

Animamos a todos/as a participar.