O NOSO APOIO A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA DO IES MESTRE LANDÍN

FANPA PONTEVEDRA xunto coa Federación Municipal de ANPA de Marín condena os actos vandálicos acontecidos nos últimos días no IES Mestre Landín de Marín e quere ofrecerlles todo o seu apoio a comunidade educativa do citado centro.

Queremos lembrarlles a tódolos pais/nais a importancia de ter unha ANPA activa no centro, pedimos a súa colaboración para manter a ANPA “O pazo” que nestes intres está en proceso de renovación de xunta directiva e non atopa os apoios suficientes para seguir funcionando.

Nesta situación cómpre lembrar que, aínda que a culpa tena quen destroza sen máis causa que demostrar a súa barbarie, faise necesaria a colaboración de todos, centro, alumnos, pais/nais, concello e a presencia disuasoria da Policía Municipal debería encauzar rapidamente este desaguisado.

A FANPA

Referencia :Noticia-Voz de Galicia