O Luís Seoane resulta distinguido co 2º Premio Nacional Marta Mata á calidade educativa

O IES Luís Seoane (Monte Porreiro, Pontevedra) acaba de ser distinguido, polo Misterio de Educación, Política Social e Deporte (Gabinete de Avaliación e Calidade) co 2º Premio Nacional Marta Mata á calidade educativa.

luisseoane.gifO Instituto público de Monte Porreiro ten razóns para presumir pois nos últimos catro anos obén un 100% de aprobados nas Probas de Acceso á Universidade (PAU, selectividade), é un centro asociado á Unesco, promotor da Candidatura de Patrimonio Inmaterial para a cultura galego-portuguesa e participa én múltiples intercambios de alumnado de ciclos formativos (Formación en Centros de Traballo -FCT- no estranxeiro) e da ESO.

É un centro excepcionalmente dotado de medios materiais para o alumnado e o profesorado no que se goza dunha intensa actividade educativa fóra das aulas que o converten de feito na máis potente máquina cultural e social do barrio: viaxes educativas (excursións, concertos educativos, teatro, cine), Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares…

O obxectivo principal do premio é recoñecer, destacar e dar visibilidade á traxectoria daqueles centros docentes non universitarios que se distinguen polas súas boas prácticas e polo esforzo compartido da comunidade educativa na procura da mellora da acción educativa, para conseguir unha educación de calidade para todos e todas. O premio axuda así a mostrar e difundir as actuacións globais exemplares que, tendo innovado e experimentado novos enfoques, poidan orientar e inspirar a outras comunidades educativas no seu desexo de mellorar as súas actuacións.