O Consello Escolar de Galicia cos consellos escolares municipais

O Consello Escolar de Galicia está de xira por todas as provincias, comezou na da Coruña e agora está en Lugo, para recibir e apoiar os consellos escolares municipais e consultar con representantes de ensino de distintos ámbitos non universitarios.

En Lugo o CEG está facendo fincapé na participación nos órganos colexiados de control e goberno dos centros docentes, especialmente no novo marco que abre a LOE e na relación con outros órganos de participación. Están a presentar a campaña "A participación da comunidade educativa na mellora da calidade de ensino".

Esta rolda de  contactos chegará a Pontevedra a finais deste mes de marzo.

Saudamos esta iniciativa, que ofrece a posibilidade de reconducir unha situación nun momento en que xa poucos pais cren que a participación no sistema educativo sexa algo máis que un adorno lexislativo. Unha oportunidade para crear cauces que permitan un encontro entre profesores familiares e sociedade,

Agardemos que detrás disto exista un desexo real de cambio por las parte e non sirva para aumenta-lo noso escepticismo.

Fai uns sete anos que o Concello ten constituído o Consello Escolar Municipal.

Os representantes das ANPAS da escola pública asistiron intentando participar en tódalas sesións a pesar de que non cumpría coas funcións expostas no seu regulamento nin na lexislación sobre Consellos Escolares Municipais.

Un consello consultivo que debería analizar intervenciones, coordinar proxectos e establecer liñas de solución de conflitos foise convertendo nunha simple plataforma publicitara sen posibilidade de participación real. A sensación de impotencia e de perdida de tempo fixo que xa non asistísemos á súa ultima sesión despois de denunciar ante a consejería e o consello Escolar de Galicia o que non se convocase sequera a sesión perceptiva do ultimo trimestre do curso pasado, existindo temas tan importantes sobre a mesa como a xestión de comedores e a situación das actividades extraescolares.

O funcionamento eficaz dos cauces de participación é fundamental, polo que é urxente afrontar con seriedade os problemas de funcionamento dos consellos escolares para que sexan órganos de participación real, rompendo coa situación actual na que só funcionan nos centros nos que o profesorado e as administracións queren abri-las súas porta e traballar conxuntamente coas familias para construír unha comunidade educativa.

Porque esta actividade forma parte dunha rolda de encontros que o Consello Escolar de Galicia está a realizar en diversas cidades e concellos da comunidade galega. Segundo afirmou a vicepresidenta deste órgano de consulta, Milagros Blanco, esta iniciativa está a acadar un grande éxito, xa que nas xuntanzas celebradas na provincia da Coruña contaron coa participación de máis de 720 membros dos consellos municipais e de centros de ensino. O encontro desta tarde constitúe o primeiro da provincia de Lugo. A próxima semana, a actividade continuará no Concello de Viveiro.

A rolda de encontros está orientada á consecución dunha participación real e efectiva de todos os sectores das comunidades educativas nos consellos escolares; así como dar a coñecer á sociedade o Consello Escolar de Galicia como máximo órgano de participación e consulta. Outro dos obxectivos é o de colaborar cos concellos que teñen constituído o Consello Escolar Municipal co fin de impulsar a revitalización destes órganos, así como fomentar a súa creación nos concellos nos que aínda non estean constituídos. Ademais, durante estas reunións elaboraranse unha serie de enquisas que recollerán información relevante de cara á organización dunhas xornadas específicas para os membros dos consellos escolares, que se desenvolverán no primeiro trimestre dos curso 2007/2008.