O CEIP MARCOS DA PORTELA remite un novo escrito ò concello

para poder solucionar os problemas que teñen no seu centro co servizo de limpeza.

Remiten o seguinte escrito

ILMO. SR. ALCALDE PRESIDENTE DO EXCMO. CONCELLO DE PONTEVEDRA.

        

ILUSTRÍSIMO SEÑOR:

         A A.N.P.A. “O MIRADOIRO” do C.E.P. “MARCOS DA PORTELA” da Urbanización Monteporreiro, remitiulle a Vostede dous escritos nas datas 6 de Outubro do 2006 e 27 de Febreiro do 2007, co fin de expresarlle as nosas queixas referidas ao estado lamentable da limpeza do centro Escolar.

         Como queira que ate o de agora non recibimos unha resposta adecuada e ademais o Colexio segue igual de sucio e polo que.

S O L I C I T A M O S

         Que tendo por presentado este escrito, sírvase admitilo e curse as ordes precisas ao Concelleiro responsable (temos entendido que é o de facenda), para que a Empresa concesionaria da limpeza sexa sancionada administrativamente, polo reiterado incumprimento do contrato, referido a persoal asignado as tarefas de limpeza así como tamén ao incumprimento das pautas da mesma.

         Sen outro particular, indicámoslle que enviamos copia deste escrito a Oposición Municipal e a Federación Provincial de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos da Provincia de Pontevedra.

Atentamente.

A Xunta Directiva