O BANCO DO TEMPO NA COMARCA DE PONTEVEDRA

A ADR continúa coa estratexia de comunicación da posta en marcha do primeiro Banco de Tempo da Comarca de Pontevedra, de xeito que se afronte a organización do tempo dos/as cidadáns/ás con criterios de sostibilidade, en especial das mulleres en consonancia co TÍTULO VI da Lei 2/2007 do Traballo en Igualdade das Mulleres de Galicia.

O Banco de Tempo
é unha rede de colaboración entre particulares, intercambiándose servizos entre os/as seus participantes, tendo como unidade de cambio a hora de tempo e sen ningunha prestación económica entre os/as participantes. É un xeito de participación social da cidadanía baseado nos principios de reciprocidade, confianza e axuda mútua. Desta forma o Banco de Tempo contribúe a crear vínculos sociais entre a poboación dunha mesma comunidade e fomenta a integración da mesma na medida en que toda a comunidade pode acceder aos mesmos servizos.
A posibilidade de conciliar vida familiar, laboral e persoal, está directamente relacionada coa administración e usos do tempo, tendo presente o tempo coma recurso para o desenvolvemento persoal e para a calidade de vida.

Calquer persoa maior de idade pode participar no Banco de Tempo, previa inscrición (gratuíta) na Secretaría do Banco de Tempo (localizada na ADR PRODER II – Comarca de Pontevedra, Rúa Santa Clara 4 – 2º, 36.002 Pontevedra, Tlf: 986 10.81.44, enderezo electrónico: bancodetempo@mundo-r.com, e Sitio web: www.adrproderpontevedra.org

Entre os intercambios que, a priori parecen máis propicios, pódense destacar a Formación e educación, Asesoramento/orientación, Atención ás persoas, o Coidado do corpo e da saúde, as Tarefas domésticas, Informática ou o Transporte entre outros; por exemplo:

                                                       
                                                        

“Xoán leva a traballar a María no seu coche”
“María acompaña a Facundo a buscar as receitas ao médico de cabeceira”
“Facundo cóntalle contos a filla pequena de Luís ao saires da escola”
“Luís ensina a Pedro a facer as labores do fogar”
“Pedro ensina a Hortensia a navegar pola rede”
“Hortensia ensina a Cristina a mercar peixe no mercado"