NOTA INFORMATIVA

A Federación Provincial de ANPA de Centros Públicos de Pontevedra, quere ante todo, pedir desculpas pola confusión creada para a reserva de prazas para a actividade “PLAYING IN ENGLISH” promovida por esta Federación e concebida dentro do Programa de apertura de centros públicos fóra do horario lectivo promovido pola Consellería de Educación e quere á súa vez aclarar que a Concellería de Educación do Concello de Pontevedra non ten en absoluto nada que ver coa organización, o logo do Concello aparece na información polo compromiso que ésta Federación ten co Concello a través do convenio CONCELLO-FANPA asinado no ano 2008 e 2009, co cal ésta Federación asume a súa responsabilidade e está tratando de crear 60 novas prazas para a xente interesada que quedou fóra e cuxa matriculación será nas datas que están nos papeis informativos que recibiron os pais/nais na reunión mantida o xoves 15 de xaneiro no auditorio de CAIXANOVA , é decir: luns 19, martes 20 e mércores 21.

Pregamos desculpen as molestias que lles poideramos ocasionar.

FANPA-PONTEVEDRA, luns 19 de xaneiro de 2009.