NONTEDURMAS.ORG UNHA DAS MAIS VISITADAS

A web nontedurmas sitúase á cabeza en numero de visitas das  paxinas similares a nivel estatal.
A web da Federación de ANPA de Pontevedra soamente de  xaneiro a outubro de 2006 multiplicou por seis as súas visitas con 7259 visitas mensuais e 2127 visitantes distintos en outubro o que supón unha media de 706 visitas diarias e 234 visitantes distintos cada día con picos de 652 visitantes distintos nun só día.
Estas cifras sitúannos no posto 360.166 de ranking mundial Alexa para tódalas web da rede.
Como datos comparativos a nosa paxina de CEAPA sitúase no posto 2.211.736 e a da Confederación Católica de Asociacións de Pais  no posto 5.448.676.
Todo un éxito para unha  creada e mantida sen ningún tipo de axuda oficial, por persoas voluntarias, de ámbito provincial e con contidos maioritariamente escritos en galego.