NOITES ABERTAS

Noites Abertas. Esta iniciativa sociocultural pretende promover a ocupación do tempo libre de xeito divertido e á vez formativo. Para isto proponse nun horario adaptado á poboación destinataria (mozos e mozas entre os 12 e 25 anos prioritariamente) unha oferta de lecer alternativa á convencional, contando coas entidades sociais de Pontevedra. Por todo isto, convidamos á vosa entidade a tomar parte na sétima edición, “Noites Abertas 2006”. 

Pontevedra, 7 de novembro de 2005
Un ano máis, o Concello de Pontevedra a través da Área de Benestar Social porá en marcha o programa dirixido á xuventude, Noites Abertas. Esta iniciativa sociocultural  pretende promover a ocupación do tempo libre de xeito divertido e á vez formativo. Para isto proponse nun horario adaptado á poboación destinataria (mozos e mozas entre os 12 e 25 anos prioritariamente) unha oferta de lecer alternativa á convencional, contando coas entidades sociais de Pontevedra. Por todo isto, convidamos á vosa entidade a tomar parte na sétima edición, “Noites Abertas 2006”. 
As entidades que desexedes presentar propostas formais para poder ser contratadas polo Concello, deberedes aportar os seguintes requisitos administrativos: 
–          Fotocopia do C.I.F. (agás entidades que xa participastes o ano pasado)
–          Fotocopia dos estatutos da entidade (agás as entidades que participastes o ano pasado, se non sufriron modificación algunha os estatutos) .
–          Proxecto coa proposta de actividade.
Se o proxecto é aprobado e se concede a contratación, teredes que presentar posteriormente:
–          Orzamento definitivo das actividades a desenvolver en Noites Abertas 2006.
–          Fotocopia da alta no Imposto de Actividades Económicas (I.A.E.) (agás entidades que xa participastes o ano pasado).
–          Fotocopia da exención do I.V.E. , no caso de ser entidade exenta deste imposto e polo tanto, non factura con IVE. (agás entidades que xa participastes o ano pasado, se non houbo modificacións).
Para presentar as propostas, as entidades teredes que  cubrir o modelo de solicitude que se vos  xunta a esta carta, tendo en conta os criterios básicos de valoración polos que se orientará a comisión técnica municipal encargada de estudar as propostas e de configurar a programación definitiva de actividades.
Antes do luns 12 de decembro teredes que presentar a vosa proposta no Departamento de Xuventude antes das 14 h. ,  ademais de entregar a documentación administrativa correspondente.
Unha vez recibidos os proxectos, a comisión municipal avaliadora emitirá unha proposta de programación que tras comunicala a cada entidade e dar a súa conformidade, será establecida como a definitiva, pasando á fase de contratación de cada unha das entidades.
O calendario para Noites Abertas 2006 e para o cal podedes propoñer actividades son os venres e sábados seguintes:   27 e 28 de xaneiro, 3,4,10,11,17,18 e 24 de febreiro, 4,10,11,17,18,24,25,31 de marzo, 1,7,8,21,22,28 e 29 de abril,  5,6,12 e 13 de maio de 2006.  Os sábados polo día tamén poderán proporse actividades nun horario que oscile entre as 10 e as 14 horas, ou as 10 e 20 h. Os horarios xerais para a realización de actividades oscilarán entre as 19 e as 01 h. da madrugada, reservándose as primeiras horas (19 a 22 h.) para as idades máis novas ( mozos e mozas dos 12 aos 16 anos).  Non tedes que propor actividades para todas as datas nin para todo o horario dunha xornada.
O Departamento de Xuventude informaravos sobre os recursos dispoñíbeis nas diferentes instalacións onde se levarán a cabo as actividades, así como facilitarán o contacto entre entidades e posíbeis monitores/as. Unha vez rematada a actividade, cada entidade emitirá unha factura legal especificando os conceptos, aportando o número de conta onde se lle ingresará o importe da factura emitida.
A Coordinación do Programa (Área de Benestar Social: Dpto. de Xuventude e Plan Municipal de Drogodependencias) establecerá o sistema de coordinación do programa, para levar a cabo unha labor de seguimento e control das actividades, propoñendo as xuntanzas que sexan necesarias. As persoas responsábeis de cada proxecto e das actividades deberán integrarse neste sistema de colaborando nas tarefas de avaliación propostas. Este ano por primeira vez, establécese unha reunión inicial con todo o persoal implicado nas Noites Abertas, que terá lugar previamente ao inicio do programa, por espazo de dúas horas e que será de obrigada asistencia para todos os monitores de actividades.
A Coordinación do Programa no Departamento de Xuventude  está a disposición de todas as entidades que o requiran para calquera dúbida e para aportar o asesoramento necesario na elaboración de propostas, polo que podedes contactar  co mesmo en horario de 09 a 15 h. de luns a venres.
Margarita Castejón García
 
Tte. de Alcalde da Área de Benestar Social


 

SOLICITUDE NOITES ABERTAS 2006

 
 
 
 
 

PROXECTO DA ACTIVIDADE

OBXECTIVOS XERAIS DE NOITES ABERTAS
·          – Proporcionar á xuventude de Pontevedra unha alternativa de ocio de fin de semana que propicie espazos lúdico-educativos e de encontro, que permitan promover pautas de ocio máis saudábeis na poboación xoven e adolescente.
·         – Difundir o principio de igualdade de oportunidades e aplicar criterios de transversalidade e a perspectiva de xénero dende o ocio e o tempo libre.
·          
ESTRUTURA BÁSICA DO PROXECTO-PROPOSTA A PRESENTAR
Os proxectos que elaboredes deben seguir basicamente a seguinte estrutura:
1.         Denominación do Proxecto:
2.         Descrición breve do Proxecto: ¿qué faremos?2
3.         Obxectivos do proxecto: ¿para que o faremos?
4.         Recursos ¿con que o faremos?
–                    Recursos Humanos: ¿quen o fai?. Aquí incluiremos os datos das persoas responsábeis do desenvolvemento do proxecto, breve currículo dos/as monitores/as, onde se debe reflexar os seus datos persoais, nome, enderezo, DNI, e teléfono/s de contacto.
–                    Recursos Materiais: ¿que precisamos?. Aquí incluiremos aqueles materiais que a entidade precisa para o desenvolvemento da actividade dentro de Noites Abertas 2005.
5.         INSTALACIÓNS ¿onde o faremos?
–                    Propias: as entidades que teñan local e desexen desenvolver as súas actividades nesta instalación (parroquias,…), ou que estean abertas a que outras entidades poidan desenvolver as súas nelas, deberedes indicar o enderezo e se fora convinte (plano básico de situación), ademais do equipamento das mesmas e condicións de uso.
–                    Municipais: son instalacións do Concello ou dalgunha entidade  cedidas para este programa e que poden ser usadas para o desenvolvemento das actividades. Pregámosvos que indiquedes por orde de preferencia aquelas que mellor se axusten ás características e requisitos organizativos da vosa actividade.
q     Colexio Froebel.
q     Casa Azul.
q     Pavillón Multiusos da Xunqueira.
q     Teatro Principal.
q     …
Nota: Para ampliar información sobre as instalacións podedes contactar coa coordinación do programa, ademais informarásevos das instalacións que a maiores teñan aportado as entidades do punto anterior.
 
6.         DESTINATARIOS/AS ¿a quen vai dirixido? Perfil dos/as participantes aos que vos dirixides, idades preferentes, características, sempre tendo en conta que o programa vai dirixido a xóvenes entre 12 e 30 anos.
7.         CALENDARIO ¿cando o faremos? . Datas e o horarios nos que desexades desenvolver o proxecto tendo en conta o calendario xeral de Noites Abertas que vos enviamos xunto. Necesario que estea ven especificado e con dúas opcións de datas como mínimo (mes, días preferentes e horarios).
Pontevedra, _____ de _______________ de 2005
Selo da entidade
 
 
 
 
Sinatura do/a representante


 

SOLICITUDE NOITES ABERTAS 2006

PROXECTO ECONÓMICO DA ACTIVIDADE
DATOS DA PERSOA RESPONSÁBEL ECONÓMICA
Apelidos _____________________________________________ nome ______________________ enderezo _________________________________________________________ parroquia _________________________ C.P. _____________ localidade _______________________ Tels. _____________ correo-e _____________________________________ en calidade de _________________________________________

ELABORACIÓN DO ORZAMENTO PARA NOITES ABERTAS 2006 – PRESENTACIÓN

Cantos medios económicos necesitamos para o desenvolvemento do proxecto. Estará detallado en base a monitores/as e a materiais que tedes que adquirir.  Faremos un orzamento para cada actividade.

CAPÍTULOS GASTOS:

RECURSOS HUMANOS
Número de monitores/as
 
Custe de monitor/a por hora:
 € / h.
Total gasto recursos humanos:
Outros
RECURSOS MATERIAIS
Custe do material:
Total gasto de materiais:
Outros
GASTO TOTAL:
Pontevedra, _____ de _______________ de 2005
Selo da entidade
 
 
 
 
 
Sinatura do/a representante da entidade
 
 
 
 


CRITERIOS DE VALORACIÓN DAS PROPOSTAS PRESENTADAS PARA O PROGRAMA NOITES ABERTAS 2006
As propostas de traballo para organizar e/ou financiar un proxecto no programa municipal Noites Abertas 2006, serán avaliadas en función de tres niveis:
A)      ADAPTACIÓN Á FILOSOFÍA DE NOITES ABERTAS.
B)      ESTRUTURA ORGANIZATIVA DO SOLICITANTE.
C)      ESTRUTURA DO PROXECTO DE TRABALLO.
Estas propostas poderán ser actividades de carácter socioeducativo (educación para a saúde, para a igualdade, para o consumo, para a paz, para o medio natural, educación viaria…), socioculturais (promoción da cultura galega, arte, música, visitas culturais, teatro, cociña, xogos,…) ou deportivas, sempre cun carácter  participativo e divertido, favorecendo as relacións interpersoais e as relacións grupais, procurando a colaboración fronte a competición.
A) ADAPTACIÓN Á FILOSOFÍA DE NOITES ABERTAS 2006:
Noites Abertas, é un programa de lecer dirixido á xuventude dende os 12 ata os 30 anos, aínda que terán prioridade as actividades realizadas razoadamente para mozos e mozas entre 12 e 18 anos, por configurarse a poboación prioritaria do programa.
Os obxectivos xerais que persegue o programa son:
·          Proporcionar á xuventude de Pontevedra unha alternativa de ocio de fin de semana que propicie espazos lúdico-educativos e de encontro, que permitan desenvolver pautas de ocio máis saudábeis na poboación xoven e adolescente.
·          Difundir o principio de igualdade de oportunidades e aplicar criterios de transversalidade e a perspectiva de xénero dende o ocio e o tempo libre.
As propostas de traballo de Noites Abertas 2006, deberán ser novidosas, adecuadas ós obxectivos do programa e interesantes para  a poboación destinataria, polo que deberemos ter en conta e orientarnos polas idades, características  e intereses da poboación á que se dirixe o programa.
As datas do programa limitaranse a periodos non vacacionais, venres e sábados. O horario oscilará entre a marxe de 19 a 01 h. da madrugada e de mañá ou dunha xornada  (10-13 h. ou de 10 a 20h. ) en caso de actividades organizadas para sábados.
O nivel de especialización nas materias tratadas será sempre de iniciación e/ou achegamento, para facilitar así a participación xeral e abrir novas vías posteriores de coñecemento, fóra do ámbito de Noites Abertas, de xeito que repercutan polo tanto no beneficio das vosas entidades, adquirindo máis socios/as, participantes…
Os proxectos débense axustar á realidade sociocultural á que van dirixidos en canto a calidade e o custo económico. Valorarase o ratio participante/monitor/a segundo a actividade e as idades dos/as destinatarios/as.
Dentro do programa o desenvolvemento da actividade non suporá ningún investimento importante para os/as usuarios/as; que non achegarán ningún tipo de cota de particiapción ou recursos materiais difíciles de conseguir e que poidan limitar a participación, agás naquelas actividades que pola súa natureza requiran de material propio ou específico por parte do/a participante como pode ser a indumentaria persoal necesaria para as actividades deportivas.
Baixo ningún concepto ningunha das entidades coorganizadoras poderá restrinxir a participación nas propias actividades por criterios de pertenza ou non á propia entidade, nin por ningunha outra condición non explicitada na programación da actividade que se vaia desenvolver e previo consentimento da organización. Todas as actividades integrarán de forma transversal o principio de igualdade de oportunidades entre mozos e mozas, que non discrimine por razóns de xénero. Tampouco se limitará en ningún caso a participación a calquera persoa con discapacidade.
 
B) ESTRUTURA ORGANIZATIVA DO SOLICITANTE
Os elementos que se valorarán para as entidades sen fin de lucro serán:
–          Fomento da coordinación entre entidades e/ou persoas para este programa municipal (traballo común – intercooperación asociativa).
–          Inclusión de medidas de igualdade de oportunidades na formulación e posta en marcha das actividades.
–          Entidades que leven a cabo unha reflexión da súa práctica de así desenvolvan experiencias novidosas no noso contexto (innovación).
–          Traxectoria organizativa, incluída a externa a Noites Abertas, histórica acorde as propostas presentadas (organización)
–          Cumprimento de períodos e requisitos administrativos coa organización de Noites Abertas en anteriores edicións (administración).
 

C) ESTRUTURA DO PROXECTO DE TRABALLO

O proxecto será presentado no modelo proporcionado pola coordinación do programa no Concello a través do Departamento de  Xuventude  e atenderá á:
–          Adecuación  á  filosofía e directrices de Noites Abertas  (pto. A).
–          Descrición da actividade que se vai a desenvolver, os obxectivos a acadar, os recursos persoais e materias, o calendario e horario recomendado e o orzamento que se precisa ben detallado por tipo de gasto.
–          No orzamento do proxecto haberá coherencia entre a actividade a desenvolver e os recursos económicos que se fagan constar.
–          Engadirase un breve currículo de monitores/as.
Elementos que se valorarán:
–          Os orzamentos dos proxectos deberán ser axeitados á realidade da actividade cunha relación calidade – prezo das actividades propostas, e terase en conta a boa presentación deste (coherencia).
–          Preferencia ás actividades dirixidas á mocidade entre os 12 e 18 anos, con prioridade de horario nas primeiras horas da convocatoria (idade).
–          Proxectos de actividades de carácter socioeducativo, que promovan a educación para a saúde, para a igualdade, para o consumo, para a paz, para o medio natural, viaria… favorecendo a mellora da calidade de vida entre a mocidade (promoción educativa).
–          Proxectos de especial incidencia na lingua e cultura galegas (promoción cultural).
–          Proxectos que favorezan a relación e coñecemento mutuo entre culturas. (interculturalidade).
–          Proxectos que incidan na integración de todo tipo de colectivos vulnerábeis de exclusión social e promovan a igualdade de oportunidades entre as persoas. (inclusión social).
–          Terase en consideración a oferta de actividades presentada para a poboación xoven do ámbito territorial  dalgunha das parroquias do rural (dinamización das parroquias).
–          As actividades non serán proxectos formativos senón actividades de lecer cun carácter sempre de introdución, con perspectivas de profundizar neses temas fóra do ámbito de Noites Abertas (accións introdutivas non formativas).
–          Valorarase a presentación de proxectos innovadores, ben na programación ou ben para os distintos espazos (creatividade).
–          O persoal das actividades amosarán un perfil formativo axeitado á actividade, ademais deberán amosar en todo momento a súa integración na filosofía de NOITES ABERTAS, non entendendo o programa como unha mera oferta de emprego senón integrando nas actividades as directrices que marcan os obxectivos do programa (profesionalidade).
–          A maior contribución de recursos propios da entidade (humanos, materiais, económicos) para o desenvolvemento do proxecto presentado, así como o reciclaxe e a optimización de recursos (optimización).