NOITES ABERTAS

O programa Noites Abertas continúa esta fin de semana con coiro, malabares, break e hip hop, flamenco… e cun concerto do cantautor galego Xurxo Mares e outros músicos que acompañan e que terá lugar o sábado 8 a partir das 21 h no Teatro Principal de balde

Unha vez máis, Noites Abertas amplía o número de actividades e de espazos para que a mocidade entre os 12 e os 30 anos poida gozar de xeito libre e divertido da fin de semana.

Este venres 7 de abril continúan as actividades de Noites Abertas co xogo de rol en vivo no que poden participar mozos e mozas maiores de 18 anos entrando na web www.rolenvivo.com

Á súa vez no Froebel continúa o obradoiro de pandeireta, pandeiro e canto tradicional de man da Asociación Cultural Tear de Llerena, a partir das 20h.

Ás 19 h na Casa Azul dará comezo a actividade con breakdance e hip hop, para pasar ás 21 h ao baile tradicional galego e finalmente, a partir das 23 h a actividade de psicoerotimos para parellas mozas maiores de 16 .

E xa fóra do centro urbano, en Monte Porreiro como vén sendo habitual continúan as Noites Flamenkas con guitarra, percusión e cante flamenco a partir das 21 h e o obradoiro de malabares, percusión e xogos a partir das 23 h. para maiores de 16.

No local social da Sociedade Cultural de Mourente a partir das 20 continúa o obradoiro de coiro coa Asociación Artedovo e á mesma hora dará comezo a actividade de esgrima.

Lembramos que todas as actividades son gratuítas e de libre acceso, só hai que ter en conta as idades ás que van orientadas e que oscilan entre os 12 e os 30 anos. Máis información: no lugar das actividades onde se pode acceder ao folleto coa programación de Noites para o 2006 e tamén na web www.noitesabertas.com

Para calquera información e suxestión, só tedes que contactar coa coordinación do Programa Noites Abertas na Oficina de Xuventude (Casa Azul, r/ Sor Lucía, 2, 3º Pontevedra), no teléfono 986 840 367 de luns a venres de 9 a 15 h, ou mandar un correo electrónico a xuventude@concellopontevedra.es. Tamén podes consultar a web www.noitesabertas.com.

www.noitesabertas.com.