LUDOTECAS

PROGRAMA DE "LUDOVERÁN 2008"

PROXECTO DE LUDOTECAS

QUE É LUDOVERÁN?

Un Programa EDUCATIVO de ocupación do ocio e do tempo de lecer, que organiza a CONSELLERIA DE BENESTAR SOCIAL, EDUCACIÓN E VIVENDA, do Concello de Pontevedra para nenos e nenas deste concello que inclúe diversas actividades : ludoteca, divirtt, plaing in summer etc

QUE É LUDOTECA?
Dentro de Ludoverán incluénse as Ludotecas como proxecto educativo para nenos e nenas de 3 a 7 con actividades que combina o xogo con outras actividades creativas e a educación en valores e hábitos de convivencia.

A QUEN VAN DIRIXIDAS?
A nenos e nenas en idade de 3 a 7 anos empadroados no Concello de Pontevedra.,

ONDE SE REALIZAN?
No centro urbano, na urbanización de Monte Porreiro e nas parroquias do rural.

OBXECTIVOS
Crear espazos de lecer para xogar, aprender e facer amigos/as nun ambiente san e axeitado ás idades e necesidades dos nenos e nenas participantes.

TIPO DE ACTIVIDADES

xogo libre con materiais axeitados ás idades
xogos tradicionais de correr, saltar, de roda,…
xogos de habilidade e coordinación
xogos cooperativos
xogos con música
cancións e danzas infantís
contacontos
maquillaxes e disfraces
obradoiros creativos con material de refugallo, arxila, pintura, debuxo, cociña…
saídas ó aire libre e visitas a centros de interese do entorno próximo

QUEN DESENVOLVE A ACTIVIDADE?

O Programa LUDOVERÁN da CONCELLERIA DE BENESTAR SOCIAL, EDUCACIÓN E VIVENDA do Concello de Pontevedra, o realizará unha empresa de Animación Sociocultural , que contará cunha coordinadora do Programa e un equipo de monitores/as especialistas en tempo libre, animación e educación infantil.

REALIALIZACIÓN
LUDOTECAS PONTEVEDRA
Prazas: 40 prazas por quenda DUAS QUENDAS POR MES DIAS HORARIO
Colexio Campolongo Xullo e agosto Luns a venres 10:00 a 13:30
Colexio Froebel Xullo e agosto Luns a venres 10:00 a 13:30

LUDOTECA MONTEPORRERIO
25 prazas por quenda DUAS QUENDAS POR MES DIAS HORARIO
Na escola de educación infantil “Os Campos” xullo Luns a venres 10:30 a 13:30

LUDOTECAS VIAXEIRAS
20 prazas por CENTRO MES DIAS HORARIO
Mourente, Bora e Marcón
CEIP Vilaverde xullo Luns e mércores 10:30 a 13:00
Pontesampaio
CEIP A Xunqueira xullo Martes e venres 10:30 a 13:00
Campañó e Cerponzóns
CEIP Parada xullo Xoves e sábados 10:30 a 13:00
Xeve, Berducido e Lérez
CEIP Santo André de Xeve agosto Martes xoves 10:30 a 13:00
Salcedo, Tomeza e Lourizan CEIP Cabanas agosto Luns e mércores 10:30 a 13:00

PREINSCRICIÓNS

Preinscrición: Do 12 ao 18 de xuño de luns a venres en horarios de 8:00 a 14:00 horas, oficina da Área de Educación do Concello de Pontevedra, rúa Xan Guillerme s/n (lateral Tesourería Seguridade Social), coa ficha de inscrición que se achega debidamente cuberta. Sómente poderá solicitarse unha quenda .

ADXUDICACIÓN DAS PRAZAS
No suposto que a demanda supere a oferta, a adxudicación das prazas será mediante sorteo público que se realizará o día 19 de xuño as 9:00 horas nas dependencias Municipais da Casa Azul, rúa Sor Lucia.

INSCRICIÓNS

Unha vez feito o sorteo e confirmada a praza polo Concello, deberá formalizarze a inscripción na oficina da Área de Educación do Concello de Pontevedra, rúa Xan Guillerme s/n (lateral Tesourería Seguridade Social), dende o día 20 ata o 24 de xuño, presentando a seguinte documentación:

1. Fotocopia DNI do pai, nai ou titor/a
2. Fotocopia DNI do neno/a ou libro de familia
3. Volante de empadroamento no concello de Pontevedra .
4. Fotocopia da tarxeta sanitaria.
5. Xustificante ter feita achega por parte das familias, no número de conta bancario da empresa que realizara a actividade e que se facilitará na Oficina de Educación do Concello
6. Dúas fotos carné do neno/a

ACHEGA DAS FAMILIAS

Ludotecas urbanas de Froebel e Campolongo: 30 € por quincena
Ludoteca Monte Porreiro: 15 € por quincena.
Ludoteca viaxeira: 15 € por mes.

INFORMACIÓN

Na oficina da Área de Educación do Concello de Pontevedra. Rúa Xan Guillerme s/n (lateral Tesourería Seguridade Social), en horario de mañá de 9,00 h a 14,00 h.
Teléfonos información: 986 86 06 97.