LIBROS DE TEXTO

15.764 DIARIO OFICIAL DE GALICIA No 181 L Martes, 20 de setembro de 2005 Orde do 15 de setembro de 2005 pola que se amplía o programa de gratuidade de libros de texto en centros sostidos con fondos públicos para os niveis obrigatorios e gratuítos para o curso escolar 2005/2006.

15.764 DIARIO OFICIAL DE GALICIA No 181 L Martes, 20 de setembro de 2005 Orde do 15 de setembro de 2005 pola que se amplía o programa de gratuidade de libros de texto en centros sostidos con fondos públicos para os niveis obrigatorios e gratuítos para o curso escolar 2005/2006.

A Orde do 13 de maio de 2005 pola que se convoca e regula o programa de gratuidade de libros de texto en centros sostidos con fondos públicos para os niveis obrigatorios e gratuítos para o curso escolar 2005/2006 (DOG do 23 de maio) establece, no seu artigo terceiro, que no citado curso escolar implantarase a gratuidade en 3º e 4º curso de educación primaria e procederase á reposición dos libros de texto en 6º curso de educación primaria e 2º curso de educación secundaria obrigatoria.

Porén, é vontade do goberno dar cumprimento aos compromisos adquiridos ante a sociedade galega, implantando no curso 2005/2006 a gratuidade de libros de texto en toda a etapa de educación primaria.

Para levar a cabo esta implantación é preciso ampliar a citada orde de convocatoria aos cursos que actualmente non son obxecto de gratuidade (1º, 2º e 5º de educación primaria) e, tendo en conta as circunstancias excepcionais de inmediatez na iniciación do curso escolar, e o feito de que haxa alumnos que xa adquiriron os libros de texto, traen consigo a necesidade de facer as oportunas adaptacións con relación á orde inicial xa publicada.

En exercicio das competencias atribuídas no Decreto 454/2003, do 26 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (DOG do 19 de xaneiro de 2004), esta consellería DISPÓN: Primeiro.-Obxecto, ámbito de aplicación e beneficiarios.

1. A presente orde ten por finalidade ampliar o programa de gratuidade de libros de texto para o curso escolar 2005/2006.

2. O programa de gratuidade será aplicable a todos os centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia.

3. Serán beneficiarios desta ampliación do programa todos os alumnos que cursen 1º, 2º e 5º de educación primaria nos centros indicados no parágrafo anterior.

Segundo.-Materiais que se inclúen no programa.

1. No programa de gratuidade inclúense exclusivamente libros de texto que se poidan reutilizar durante catro cursos escolares.

2. Non obstante, os libros de texto de 1º e 2º curso de educación primaria exixen un tratamento diferenciado incluíndose neste caso todos os libros de texto aínda que non poidan ser reutilizados en cursos posteriores.

3. Non se inclúen outros materiais tales como cadernos de idiomas, cadernos de exercicios, dicionarios, atlas, libros de titoría e outros materiais similares.

Terceiro.-Adhesión e renuncia ao programa.

1. Todos os centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia que impartan 1º, 2º e/ou 5º curso de educación primaria no curso escolar 2005/2006, enténdense adheridos a este programa.

2. Aqueles centros que non se adhiran ao programa dispoñen de 40 días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, para comunicar a súa non-adhesión motivada, segundo o modelo establecido como anexo I. Os centros que presenten a súa non adhesión non poderán acollerse ao programa de gratuidade nestes cursos ata que transcorran catro anos desde a súa implantación ou se proceda á reposición total, de acordo co previsto na disposición transitoria única desta orde.

Cuarto.-Importe da subvención.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria subvencionará os libros de texto nas seguintes contías por alumno acollido ao programa e curso: -1º curso de educación primaria: 115 euros.

-2º curso de educación primaria: 115 euros.

-5º curso de educación primaria: 140 euros.

Quinto.-Procedemento de entrega dos libros no centro.

1. Os pais que se queiran acoller ao programa de gratuidade en 1º, 2º e 5º de educación primaria deberán entregar os libros no centro educativo. A dita entrega realizarase preferentemente nos dez primeiros días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, aínda que existirá un prazo máximo de 40 días naturais. Os libros deberán ser novos e encontrarse en perfectas condicións, en caso contrario non se aceptarán.

2. O centro entregaralles un documento onde irán relacionados os libros de texto de que fan entrega, segundo anexo II. Este documento será asinado por duplicado, polo director do centro e polos pais, quedando un exemplar en poder do centro e o outro seralle entregado á familia.

3. Mediante a sinatura deste documento os pais entregan os libros no centro, aceptan as condicións desta subvención, declaran baixo xuramento ter efectuado o gasto e non ter recibido calquera outra axuda para a mesma finalidade doutras administracións ou entes públicos e a devolver os libros en perfecto estado ao finalizar o período lectivo.

4. O centro ao recibir os libros de texto dos alumnos procederá ao seu inventario, debendo ser convenientemente identificados e conservados.

Sexto.-Envío de documentación por parte dos centros.

1. Os centros deberán enviarlle unha certificación dos alumnos acollidos en 1º, 2º e 5º de educación primaria, segundo o anexo III, á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, edificio administrativo San Caetano, bloque II, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela (A Coruña).

No 181 L Martes, 20 de setembro de 2005 DIARIO OFICIAL DE GALICIA 15.765 2. O prazo para presentar a citada certificación remata dez días naturais despois da data límite de entrega dos libros nos centros por parte das familias.

3. Os centros concertados poderán presentar a citada documentación en calquera dos rexistros a que se refire o artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14).

4. Se a solicitude fose remitida por correo certificado, presentarase en sobre aberto para que sexa datada e selada polo funcionario de correos.

5. Para os efectos de cómputo de prazos os rexistros dos centros docentes non son válidos, de conformidade co disposto no Decreto 164/2005, do 16 de xuño, polo que se regulan e determinan as oficinas de rexistro propias ou concertadas da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, se crea o Rexistro Telemático da Xunta de Galicia e se regula a atención ao cidadán (DOG do 24).

Sétimo.-Pagamento aos centros educativos.

1. Unha vez recibida e comprobada a certificación de cada centro, segundo o anexo III, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria tramitará un pagamento pola cantidade que lle corresponda, que estará en función dos alumnos acollidos en cada curso e do importe da subvención por alumno segundo o punto terceiro desta orde.

2. A Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa poderá solicitar, en calquera momento do procedemento, as aclaracións ou documentación que considere necesaria dos centros docentes.

Oitavo.-Aboamento dos importes aos pais.

Unha vez que o centro reciba o importe da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria deberá aboarlle a cada familia a contía que lle corresponda, mediante transferencia bancaria, cheque ou calquera outro medio que permita acreditar documentalmente o pagamento, nun prazo máximo de 15 días.

Noveno.-Documentación xustificativa.

Quedarán baixo a custodia da secretaría dos centros, á disposición dos órganos de fiscalización e control competentes, os anexos II, os xustificantes de pagamento, así como calquera outra documentación que derive da aplicación do establecido nesta orde.

Décimo.-Novas incorporación de alumnos que se queiran acoller ao programa.

Para o pagamento das novas incorporacións que se produzan ao longo do curso escolar ata o 31 de marzo de 2006, e que non se incluíran no pagamento inicial, utilizaranse os anexos II e III, empregando o mesmo procedemento previsto nos puntos quinto a oitavo desta orde, iniciándose os trámites para o seu pagamento a partir do día 1 de abril de 2006.

Décimo primeiro.-Financiamento do programa.

1. A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria financiará a ampliación do programa con cargo á aplicación 55.02.323.A.480.0 por importe de 7.370.375,00 euros do seu orzamento de gastos para o ano 2005 e de 368.518,75 euros para o ano 2006.

2. Non obstante, dado o carácter universal da axuda, se o importe establecido no parágrafo anterior non fose suficiente, a consellería establecerá as medidas necesarias para garantir a gratuidade dos libros para todos os alumnos acollidos ao programa, dentro das dispoñibilidades orzamentarias.

3. Os centros privados concertados recibirán os importes correspondentes, en calidade de entidades colaboradoras, de acordo co establecido nos artigos 28 a 32 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 11 de decembro) e nos artigos 78 e 79 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia (DOG do 5 de novembro).

4. Para os efectos do convenio previsto no artigo 78 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, os centros privados concertados, que actúan como entidades colaboradoras, asinan o anexo III e asumen todas as obrigas e compromisos establecidos nesta lei, aceptando a consellería esta sinatura.

Décimo segundo.-Recursos.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, perante a conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, segundo o disposto na Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben poderán presentar directamente recurso contencioso administrativo, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación, conforme se establece na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (BOE do 14 de xullo).

Décimo terceiro.-Lexislación aplicable.

Para o non previsto nesta orde estarase ao disposto nos artigos 78 e 79 da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobada polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro (DOG do 5 de novembro), no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 11 de decembro) na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións (BOE do 18) e na Orde do 13 de maio de 2005 (DOG do 23).

Disposición adicional Única.-As axudas concedidas a través do programa de gratuidade de libros de texto establecidas na presente orde serán incompatibles con calquera outra 15.766 DIARIO OFICIAL DE GALICIA No 181 L Martes, 20 de setembro de 2005 axuda que se conceda para o mesmo fin, comprometéndose os beneficiarios ao reintegro á Administración de calquera outro importe recibido para a mesma finalidade.

Disposición transitoria Única.-Os centros que non se acollan ao programa de gratuidade de libros de texto en 1º, 2º e/ou 5º de educación primaria non poderán adherirse ao programa nos cursos citados ata que transcorran catro anos desde a súa implantación ou se proceda á reposición total.

Disposicións derradeiras Primeira.-Autorízase a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa para ditar as resolucións necesarias para a aplicación e o desenvolvemento do establecido nesta orde.

Segunda.-A presente orde entrará en vigor ao día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2005.

Laura Sánchez Piñón Conselleira de Educación e Ordenación Universitaria No 181 L Martes, 20 de setembro de 2005 DIARIO OFICIAL DE GALICIA 15.767 15.768 DIARIO OFICIAL DE GALICIA No 181 L Martes, 20 de setembro de 2005 No 181 L Martes, 20 de setembro de 2005 DIARIO OFICIAL DE GALICIA 15.769 CONSELLERÍA DE SANIDADE Orde do 10 de agosto de 2005 pola que se fixa o prezo de venda ao público da publicación Manual de Cirurxía Menor en Atención Primaria.

A Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 51, sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo de informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir este mandato e despois de emitido o preceptivo informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, esta consellería DISPÓN: Artigo único.

1. Queda aprobado o prezo de venda ao público da publicación editada polo Servizo Galego de Saúde e que se relaciona no anexo.

2. Este prezo entenderase, de ser o caso, con IVE incluído.

Santiago de Compostela, 10 de agosto de 2005.

Mª José Rubio Vidal Conselleira de Sanidade ANEXO I * Manual de Cirurxía Menor en Atención Primaria: 6 euros.

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS Resolución do 3 de agosto de 2005, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do sector da construción.

Visto o texto do convenio colectivo do sector da construción, con nº de código 3600435, que tivo entrada no rexistro único do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo o día 14-7-2005, subscrito en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Empresarios da Construción (APEC), e da parte social pola Federación do Metal Construcción e Afíns da UGT (MCA-UGT) e a Federación de Construción, Madeira e Afíns de CC.OO.

(Fecoma-CC.OO.) o 13-7-2005. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores; Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial ACORDA: Primeiro.-Ordenar a súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordenar o seu depósito no Servizo de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 3 de agosto de 2005.

Joaquín Macías Sánchez Delegado provincial de Pontevedra Convenio colectivo da construción 2005-2006 Artigo 1º.-Partes asinantes.

a) Son partes asinantes deste convenio, dunha banda a Federación de Metal, Construción e Afíns da UGT (MCA-UGT) e a Federación de Construción, Madeira e Afíns de CC.OO. (Fecoma-CC.OO.), como representación laboral e, da outra banda, a Asociación Provincial de Empresarios da Construción, APEC, en representación empresarial.

b) Ambas as dúas partes recoñÉcenSE mutuamente lexitimación para negociar este convenio.

Artigo 2º.-Eficacia e alcance obrigacional.

Dada a natureza normativa e eficacia xeral, que lle vén dada polo disposto no artigo 3º do Estatuto dos traballadores e pola representatividade das organizacións asinantes, este convenio obrigará todo o persoal que, prestando os seus servizos nos centros de traballo establecidos ou que se establezan na provincia de Pontevedra, estea contratado polas empresas comprendidas dentro dos seus ámbitos funcional, persoal e territorial.

Artigo 3º.-Ámbito funcional.

Este convenio colectivo será de aplicación a todas as empresas e traballadores que prestan os seus servizos na provincia de Pontevedra, independentemente da súa nacionalidade, contratación ou categoría profesional. Aplicarase en Pontevedra, sempre que sexa máis beneficioso que o do lugar de onde procedan.

Será de aplicación para todas as empresas que se dediquen a calquera das actividades que figuran no convenio xeral da construción, agás aquelas que teñAn convenio propio.

Artigo 4º.-Ámbito temporal.

Este convenio terá unha duración de 2 anos, contados desde o 1 de xaneiro de 2005 ata o 31 de decembro de 2006. Para evitar o baleiro normativo