LEXISLACIÓN BÁSICA PARA AS ANPA

Asociacións de nais e pais de alumnos

Principios xerais

DEFINICIÓN

As asociacións que constitúen os pais, nais e titores nos centros docentes, terán, a efectos legais, o carácter de asociacións de pais de alumnos cunhas finalidades e estatutos específicos.(art° 3 da Orde do 16 de xaneio de 1987 (DOG 22-1-87)

FINALIDADES

·        Asistir aos pais ou titores en todo aquelo que atinxe á educa­ción dos seus fillos ou pupilos.

·        Colaborar nas actividades educativas dos centros.

·        Prornove-la participación dos pais e nais de alumnos no exer­cicio do seo derelto a interviren no control e xestión dos cen­tros sostidos con fondos públicos.

·        Facilita-la representación e a participación dos pais de a!umnos nos consellos escolares dos centros públicos e concerta­dos e noutros órganos colexiados, se é o caso.
Calquera outras que, dentro da normativa vixente Ile asignen os seus respectivos estatutos.
         (art° 5 da Orde do 16 de xaneiro de 1987 (DOG 22-2-87)

ACTUACIÓNS EN RELACIÓN CO CENTRO

• Propoñer un representante seu para formar parte do conselIo escolar do centro (se houbera máis dunha asociación nun cen­tro, só a asociación máis representantiva o poderá propoñer)

• Elevarlle propostas ao consello escolar para a elaboración do proxecto educativo e ao equipo directivo para a elaboración da programación xeral anual.

• Informar ao consello escolar daqueles aspectos da marcha do centro que consideren oportuno.

• Informar aos asociados da súa actividade.

• Recibir Inrormación, a través dos seos representantes no consello escolar, sobre os temas tratados nel.

• Elaborar Informes para o consello escolar a iniciativa propia ou petición deste.

• Elaborar propostas de modificación do Regularnento de réxime interior.

• Formular propostas para a realización de actividades comple­mentarias e extraescolares que ,unha vez aceptadas, deberán figurar na programación xeral anua!.

• Coñece-los resultados académicos referidos ao centro e a valo­ración que deles realice o consello escolar.

• Recibir un exemplar da programación xeral anual, do proxecto educativo, dos proxectos curriculares de etapa e das súas modificacións.

• Recibir información sobre os libros de texto e os materlais didácticos adoptados polo centro.

• Fomenta-la colaboración entre tódolos rmembros da comunida­de educativa.

• Facer uso das instalacións do centro nos termos que estableza o consello escolar de acordo coa lexislación vixente.

         (Decreto 374/96, do 17 de outubro (DOG 21-10-96), para edu­ación Infantil e primaria)

         (Decreto 324/96, do 26 de xuIIo (DOG 9-8-96) para educación secundaria)

• Dispoñer dun local para o desenvolvemento das actividades internas, sempre que as disponibiIidades do centro o permitan.

          (art° 10.3 da 0rde do 16 de xaneiro de 1987 (DOG 22-1-87)

NORMAS DE FUNCIONAMENTO

ESTATUTOS

Cada APA rexirase polos seus propios estatutos que deberán contemplar,alomenos,os seguintes aspectos:

·        Denominación da Asociación: Asociación de Pais de Alumnos”…(cunha referencia que a singularice)” do”…centro docente no que se constitúe”

·        Enderezo: poderá se-lo centro no que se constitúe.

·        Composición e funcionamento dos seus órganos de goberno.

·        Procedemento de admisión de asociados: será, en todo caso, voluntaria e logo da solicitude de inscrición, sen que se poidan esixir máis requisitos có de ser pai ou titor de alumnos matriculados no centro (condición imprescindible), pagar, se é o caso, as correspondente cotas e aceptar expresamente os estatutos da asociación.

·        Dereitos e deberes dos asociados.

·        Patrimonio fundacional:recursos económicos previstos e aplicación que se debe dar ao patrimonio da asociación en caso de disolución.

·        Réxime de modificación dos estatutos.

                   (artº 7 da Orde do 16 de xaneiro de 1987 (DOG 22-1-87)

REQUISITOS A CUMPRIR

·        Te-los estatutos legalizados polo organismo competente da súa provincia, co seu correspondente número de rexistro, e inscritos no censo da Consellería de Educación.

·        Posuír.

Libro de Caixa ou de Contas, no que se reflexe de forma clara e detallada os ingresos e gastos da Asociación. En todo caso, en cada apunte contable debe quedar constancia da data, do concepto e do importe en euros.

Libro de Rexistro de Socios, no que ademais dos datos persoais de cada socio, deberán figurar a data de alta e de baixa.

Libro de Actas, no que se recollerán tódolos acordos que se tomen, tanto nas asembleas coma nas reunións de xunta directiva.

·        Notificar no Rexistro os cambios nos compoñentes da Xunta Directiva cunha Certificación do Secretario co visto e prace do Presidente.

·        Dotarse de número de Identificación Fiscal(NIF ou CIF), necesario para solicitar subvencións, abrir contas bancarias, pedir facturas oficiais, etc.

·        Funcionar tendo en conta o establecido nos estatutos da Asociación.

PROCEDIMENTO PARA MODIFICA-LOS ESTATUTOS

1º Celebrar unha Asemblea Xeral Extraordinaria con proposta de modificación de estatutos como único punto da orde do día.Esa asemblea ten que aprobalos cambios propostos.

2º Enviar unha instancia, por duplicado, ao Delegado Provincial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza dando traslado da seguinte documentación:

·        Acta da Asemblea Xeral no que figuren os artigos modificados, o quorum de asistentes e o resultado da votación, asinada polo Secretario co visto e prace do Presidente.

·        Estatutos da Asociación (3 copias), coas modificacións incorporadas ó texto,asignadas tódalas súas follas pola Xunta Directiva e cunha dilixencia ao final do Secretario, co visto e prace do Presidente, certificando que ditos estatutos están redactados incluindo as modificacións aprobadas pola Asemblea Extraordinaria celebrada ao efecto.

3º Enviar unha instancia, por duplicado, ao Delegado Provincial da Consellería de Educación dando traslado da mesma documentación que se enviou ao Delegado Provincial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza .

                                                                     (art° 8 da Orde do 16 de xaneio de 1987 (DOG 22-1-87)