RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 2014 pola que se dá publicidade á relación de centros escolares beneficiarios das axudas para a distribución de froitas frescas ao alumnado de centros escolares de Galicia para o curso escolar 2014/15.

Por Resolución do 8 de xullo de 2014 (DOG nº 136, do 18 de xullo) estableceuse o procedemento para a concesión das axudas para a distribución de froitas frescas ao alumnado de centros escolares e a convocatoria para o curso escolar 2014/15. Esta convocatoria financiase con cargo á aplicación orzamentaria 12.80.713F.779.0 do orzamento de gastos do Fondo Galego de Garantía Agraria para o curso 2014/15, por un importe máximo de 305.000 euros. Sen prexuízo do anterior as ditas dotacións orzamentarias poderán incrementarse, se for procedente, con outros fondos procedentes do Fondo Europeo Agrícola de Garantía, dos orzamentos xerais do Estado e da Comunidade Autónoma. De conformidade co disposto no artigo 22 da citada resolución e nos termos establecidos no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, o Fondo Galego de Garantía Agraria publicará no Diario Oficial de Galicia as axudas concedidas, sen prexuízo da publicación na sede electrónica da Consellería do Medio Rural e do Mar. DOG Nº 243