Procedemento de avaliación das direccións dos centros docentes públicos

Orde do 21 de decembro de 2010 pola que se regula o en que se imparte algunha das ensinanzas procedemento de avaliación das direccións dos centros docentes públicos reguladas na Lei orgánica de educación.

Artigo 1º.-Obxecto.
A presente orde ten por obxecto regular o procedemento para a avaliación dos directores e directoras dos centros docentes públicos dependentes da
Consellería de Educación e Ordenación Universitaria,nos cales se imparten algunha das ensinanzas reguladas na Lei orgánica de educación, cando
cumpran catro anos de mandato no exercicio da dirección, de conformidade co establecido nos decretos 120/2002, do 22 de marzo, polo que se
regula a consolidación parcial do complemento específico dos directores dos centros escolares públicos, e 29/2007, do 8 de marzo, polo que se
regula a selección, nomeamento e cesamento dos directores e directoras dos centros públicos en que se imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica
2/2006, do 3 de maio, de educación.

Artigo 2º.-Ámbito de aplicación.
A presente orde será de aplicación ás direccións de todos os centros docentes públicos dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria nos cales se imparten algunha das ensinanzas
reguladas na Lei orgánica de educación.

Artigo 3º.-Solicitude de prórroga do nomeamento de director ou directora.
1. O persoal docente interesado deberá efectuar a petición de prórroga do nomeamento de director ou directora do centro docente público no mes de
xaneiro do último ano de mandato, dirixida á xefatura territorial correspondente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, no modelo que
se publica como anexo I á presente orde.

3. Non poderán efectuar solicitude de prórroga as direccións nomeadas con carácter extraordinario ou accidental, conforme o previsto nos artigos 16º e 17º
do Decreto 29/2007, do 8 de marzo.

DOG 31/12/2010