ORDE do 25 de xuño de 2012 pola que se fai pública a oferta educativa das ensinanzas deportivas da Comunidade Autónoma de Galicia a partir do curso escolar 2012-2013.

DISPOÑO:

Primeiro. Facer pública a oferta educativa de ensinanzas deportivas a partir do curso 2012-2013 en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo os datos que figuran no anexo desta orde.

Segundo. A posta en funcionamento destes estudos estará condicionada á existencia dun mínimo de dez alumnos/as matriculados/as na correspondente modalidade deportiva. A condición desta ratio mínima exixida debe poñerse en coñecemento do alumnado no momento da solicitude de matrícula.

Disposición adicional única

Sen prexuízo do establecido na disposición segunda desta orde, a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa poderá autorizar, motivada e excepcionalmente, aquelas ensinanzas que non acaden o citado número mínimo de solicitudes de matrícula. Mentres non se dispoña desta autorización non se poderá formalizar matrícula ningunha.

DOG Nº.127