A Xunta informa sobre a avaliación de bacharelato: durará tres días e constará de cinco materias troncais e un máximo doutras catro para subir nota

A proba, que tal e como xa se manifestou, será moi parecida á antiga selectividade, só a terá que realizar o alumnado que queira cursar estudos universitarios

Cada un dos exames, de entre un mínimo de 2 e un máximo de 15 preguntas, terán unha duración de 90 minutosA cualificación final de acceso á universidade calcularase ponderando un 40% a cualificación da avaliación, e un 60% a da etapa

Resolución conxunta da Secretaria Xeral de Universidades e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa do 21 de febreiro de 2017 pola que se ditan instrucións para a realización, dentro do curso 2016/2017, da avaliación de bacharelato para o acceso á Universidade (ABAU) para curso 2017/2018.

Orixe: A avaliación de bacharelato durará tres días e constará de cinco materias troncais e un máximo doutras catro para subir nota – Xunta de Galicia