IX MEMORIAL RICARDO PORTELA “O MESTRE”
Pontevedra voltará a rendir homenaxe ao gaiteiro galego Ricardo Portela coa a novena edición do memorial que leva o seu nome e que terá lugar entre os días 11 e 13 de xullo . No seu recordo o Concello de Pontevedra organiza o certame de agrupacións de música tradicional galega onde os grupos participantes no concurso rinden homenaxe a figura do gaiteiro pontevedrés. Na fase eliminatoria celebrarase un "pasacalles", percorrido dos grupos participantes polas rúas e plazas da cidade no que deberán tocar, a xeito de dianas e alboradas, distintas pezas galegas ben tradicionais ou de autor. Como complemento ao memorial, exhibirase unha mostra de artesáns de instrumentos tradicionais os días 12 e 13 na Praza da Verdura e ademáis ,dentro do programa de actos, o venres 11 de xuño, celebrarase a gala presentración do disco "Foliada nas Rías Baixas": homenaxe a Ricardo Portela, o mestre "no Teatro Principal ás 21 horas.
Toda a información sobre o programa completo dos actos , pódela consultar na páxina web: www.pazodacultura.org.