INTERNET para as ANPA

mosimageInternet é a nova rúa onde saen a xogar cada vez máis moitos dos nosos fill@s, pero para moitos pais e nais é un espazo descoñecido. Dende as ANPA podemos e debemos explorar este medio onde se pode atopar información e axuda, xogos e amigos pero tamén manipulación e cousas non desexables. Internet é unha poderosa ferramenta que debemos coñecer para acompañar ós nosos fill@s no seu descubrimento e axudarlos a selecciona-lo positivo.

CURSO no Pazo de Cultura de Pontevedra,  Sábado 10 -Decembro ás 17h.

Para nós é tamén un instrumento de comunicación entre asociacións e un recurso básico de colaboración. Ofrecémosvos dende a Federación un curso intensivo, co fin de que as directivas das ANPA federadas poidades iniciarvos na navegación por Internet, coñezades de forma práctica o funcionamento do noso web, e percibáde-la utilidade do uso de este recurso por parte das familias dos vosos centros.

Puntos básicos

  • Prácticas de busca e navegación pola Internet.
  • Unha ferramenta para as ANPA: a nosa páxina www.nontedurmas.org
  • Utilización do correo: caixa de correo, taboleiro de anuncios, foro, como rexistrarse…
  • Recursos educativos para pais e nais. Información, bolsas, plans de estudo…
  • Seguridade e límites.
  • Correo electrónico. 
Hora e lugar
SABADO 10 de decembro na Aula de Informática do Pazo de Cultura de 5 a 8 da tarde.
15 prazas

Comunicádenos se precisades servizo de gardería por teléfono ou correo electrónico.

Teléfono de contacto: 696 954 210