INSTITUTO MUNICIPAL DE DEPORTES DE PONTEVEDRA

ANUNCIO CONVOCATORIA SUBVENCIÓNS
A Xunta Rectora do Instituto Municipal de Deportes de Pontevedra, en sesión  extraordinaria que tivo lugar o día 23 de marzo de 2007, aprobou as bases e convocatoria para a concesión das seguintes subvencións:
— Bases reguladoras para a concesión de subvencións para o desenvolvemento de actividades puntuais de promoción deportiva no ano 2007.

— Bases reguladoras para a concesión de subvencións por participación en competicións oficiais de carácter extraordinario no ano 2007.

— Bases reguladoras para a concesión de subvencións para o desenvolvemento de eventos deportivos puntuais e/ou extraordinarios no ano 2007.

— Bases reguladoras para a concesión de subvencións para o desenvolvemento de programas de formación dos axentes deportivos durante o ano 2007.

Lembrarlles que teñen a súa disposición as bases e modelos de solicitudes nas oficinas do Instituto Municipal de Deportes. Tamén poden solicitalas no correo electrónico imdpontevedra@terra.es.