Información para as nais e pais

A Federación de ANPA anima a participar na enquisa para facer constar as nosas demandas
no sentido que se indicou na circular de CONFAPA e apoia o contido desta información elaborada
polos docentes dos nosos centros. Como profesores son coñecedores da realidade e,
como a propia Federación, lamentan que se pervirtan as palabras, a realidade, e se fomente
un conflito político que non pode senón empeorar a convivencia na comunidade escolar.

Animamos aos ENL a que cumpran coas súas responsabilidades educativas nos centros
coa plena confianza de saber que esta é unha campaña propiamente educativa, contra os
prexuízos lingüísticos, perfectamente lexítima como son as campañas de fomento de
hábitos saudables, consumo responsable ou tradicións culturais infantís.

Preme na imaxe para obter en formato PDF, descárgao, infórmate.