III XORNADA DO PLAN MUNICIPAL SOBRE DROGAS E OUTRAS ADICCIÓNS

“As outras adiccións”

Mércores 8 de novembro de 2006, Pazo da Cultura de Pontevedra

III XORNADA DO PLAN MUNICIPAL SOBRE DROGAS E OUTRAS ADICCIÓNS

“As outras adiccións”

Mércores 8 de novembro de 2006, Pazo da Cultura de Pontevedra

Promove: Concellaría de Benestar Social e Educación
Organiza: Plan Municipal sobre Drogas e Outras Adiccións de Pontevedra
Colabora: Pazo da Cultura de Pontevedra

Non todas as adiccións teñen que ver co consumo de drogas. Hai moitas outras condutas que en determinadas condicións poden considerarse aditivas.

Desas condutas trata precisamente a Xornada. Cales son, en que consisten, onde se atopa a delgada liña que separa a afición da adicción, e como se pode abordar este problema son algunhas das preguntas ás que se intentará dar reposta neste espazo de reflexión. A mañá está aberta ao público en xeral e quen ademáis teña interese profesional nesta materia pode anotarse nun dos obradoiros da tarde.

Boletín de inscrición

Nome e Apelidos:
DNI:
Enderezo:
Poboación:
Teléfono:
Correo electrónico:

Inscrición a un obradoiro (marca 1, 2 e 3 por orde de preferencia)
Profesión:
Lugar de traballo:

 Obradoiro 1. Ludopatías
 Obradoiro 2. Móbil, Internet e videoxogos
 Obradoiro 3. Adiccións alimentarias

Para poder asistir é preciso inscribirse chamando ao teléfono 900 720 778 aportando os datos do boletín de inscrición, ben enviando o mesmo por fax ao 986 85 14 89, ou ben enviando un correo electrónico cos datos do boletín ao enderezo plandrogas@concellopontevedra.es

A Xornada é de balde e entregarase certificado de asistencia aos asistentes á xornada completa.

PROGRAMA

MAÑÁ (aberta ao público en xeral)

9:30 – 10:00 Recollida de documentación.

10:00 – 11:30 CONFERENCIA MARCO: ECOLOXÍA DA ADICCIÓN

Luis Ferrer i Balsebre. Xefe do Servizo de Psiquiatría do Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo da Coruña e profesor da Universidade da Coruña.

11.30 – 12.00 Inauguración.

Víctor Pedreira Crespo. Subdirector Xeral de Saúde Mental e Drogodependencias. Servizo Galego de Saúde.
Margarita Castejón García. Concelleira de Benestar Social e Educación do Concello de Pontevedra.

12.00 – 12.30 Pausa-café.

12:30 – 14:00 CONFERENCIA TÉCNICA: ADICCIÓNS SEN DROGAS. ASPECTOS COMÚNS E DIFERENCIAIS

Javier Fernández-Montalvo. Profesor titular del Área de Psicología, evaluación y tratamiento psicológico da Universidad Pública de Navarra.

14:00 – 16:00 Pausa-xantar.

TARDE (só para profesionais)

16:00 – 18:00 OBRADOIROS MONOGRÁFICOS SIMULTÁNEOS

Obradoiro 1. LUDOPATÍAS

Juan José Lamas Alonso e Alejandra Garralón Comesaña. Asociación Gallega de Jugadores de Azar (AGAJA).

Obradoiro 2. ADICCIÓN AO MÓBIL, INTERNET E VIDEOXOGOS

José Julián Díaz Melguizo. Subdirector General de Coordinación Técnica de la Agencia Antidroga de la Comunidad de Madrid.

Obradoiro 3. ADICCIÓNS ALIMENTARIAS

Estrella González Gómez. Psicóloga clínica do Servizo de Psiquiatría do Complexo Hospitalario Provincial de Pontevedra.

18:00 Conclusións e peche: Carmen Santos Alfonso. Directora Xeral da Área de Benestar Social e Educación.