I Concurso de fotografía Feira Franca 2008

O concurso está organizado pola Rede de Dinamización en colaboración co Concello de Pontevedra, co gallo da celebración da Feira Franca no mes de setembro de 2008.

As bases que rexerán o concurso serán as seguintes:

1. Poderán participar todas as persoas maiores de idade e de calquera nacionalidade.

2. Tema do concurso

            Mellor fotografía que reflicta o espírito do medievo.

3. Envío das fotografías

O número de fotografías que poden presentar por participante está limitado a 2.

Deberanse enviar en formato dixital ao seguinte correo electrónico:

feirafranca.fotos@gmail.com, indicando nome, apelidos e un número de contacto.

O formato de fotografías será como mínimo de 15*21cm, non existindo límite máximo. Admitiranse fotos en cor e en branco e negro.

4. O prazo para a presentación das fotografías comeza o día 8 de setembro e remata o 18 de setembro.

5. Premios

Concederase un único premio, outorgado por un xurado formado por persoas do mundo da cultura do concello de Pontevedra.

Haberá un premio especial concedido polos internautas que votarán a través da Internet á mellor fotografía, tal como se comunicará no blogue creado para o concurso http://feirafranca.fotos.iespana.es

O prazo para a votación popular comezará o 19 de setembro até o 25 de setembro.

Os gañadores/as recibirán un lote de libros, e varios agasallos, entre eles una memoria usb.

6. Publicación das fotografías

O día 30 de setembro publicarase no blogue os nomes dos gañadores/as do concurso. Todas a fotografías dos participantes serán expostas no blogue.

7. Participar supón aceptar estas bases e a inapelábel decisión do xurado.