HOXE NO AUDITORIO DO PAZO DA CULTURA ÁS 21.00 H REPRESENTARASE VALDEMULLER

A nova produción do Centro Dramático Galego, é unha creación colectiva realizada a partir da novela de Xosé A. Neira Cruz.

Trátase dunha divertida comedia para todos os públicos na que unha nena, Mina, descobre os misterios da súa familia. No camiño que Mina vai desenvolver aparecerán unha morea de personaxes hilarantes e divertidos como a avoa mandona, o pai futboleiro, a tía hippy, as beatas de Quiroga, e unha serie de personaxes mitolóxicos do noso folclore como son os trasgos e ata a mesma Estadea. Un universo entre o fantástico e o real que Pablo Vergne, director de sona mundial no eido do teatro de obxectos, plasmou á perfección nesta montaxe. Unha iluminación precisa, audiovisuais e xogos de sombras son algúns dos elementos que nos meterán de cheo neste marabilloso e misterioso mundo de Valdemuller.

O prezo para asistir á representación é de 5 € ( 3 € para parados, xubilados e estudiantes) e as entradas poderanse adquirir na billeteira do Teatro Principal de 11.00 a 14.00 h e de 17.00 a 19.00 h e unha hora e media antes na taquilla do Pazo da Cultura.