Fin de Semana pola Sostibilidade Comarca de Pontevedra

O luns 23 de xuño de 2008, ás 13:30 horas na Casa de Cultura do Concello de Ponte Caldelas presentarase o Fin de Semana pola Sostibilidade Comarca de Pontevedra. Esta actividade de sensibilización está financiada pola Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible e celebrarase o 27 e 28 de xuño no Concello de Ponte Caldelas. Esta celebración, forma parte das actividades de sensibilización e educación sobre sostibilidade do conxunto da poboación dos concellos do Núcleo de Sostibilidade que son Barro, Poio, Ponte Caldelas e Vilaboa.

A2 Pontecaldelas

Díptico Pontecaldelas