Filtros web de balde con motivo do Día Internacional da Infancia

Hoxe, día 20 de novembro, celébrase o Día Internacional da Infancia.

Con este motivo produciranse moitos actos e declaracións sobre a protección da infancia, patria do home, como dicía o filósofo. De momento nós sumámonos cunha iniciativa interesante.

Trátase de aproveitar a oferta gratuíta dunha empresa especializada en produtos de seguridade para navegar por Internet. A empresa Optenet ofrece un programa que controla e filtra todo o contido ao que se pode acceder desde un ordenador para evitar que os nenos poidan acceder a contidos e a soster contactos que os pais consideran inconvenientes.

Hoxe en día os rapaces a partir dos 9 anos, como media, empezar a utilizar de modo rutineiro a conexión a Internet. Iso é moi positivo pero tamén debemos ser conscientes de que, sen as debidas precaucións e supervisión resulta unha actividade perigosa (mesmo para os adultos, canto máis as persoas en formación)

Por iso, e porque está ben saber que hai solucións doadas e cómodas comunicámosvos este ofrecemento da empresa.

http://www.optenet.es/es/downloadsresidential.asp?c=1

O programa está especialmente orientado a pais e mestres. Descárgase, séguense as instrución, actívase o obtense protección por un ano. De balde. Moi ben, non?