Feira do Libro e da Industria Cultural Galega

Programa de actividades:

Xoves 10, venres 11, sábado 12 e domingo 13

A Asociación Galega de Editores está a organizar Cultur.gal, Feira do Libro e da Industria Cultural, un espazo de encontro no que amosar e compartir toda a oferta producida pola industria cultural do país.

Este proxecto celebrarase no Pazo de Cultura de Pontevedra entre os días 10 e 13 de maio de 2007, tratando de ser unha plataforma de referencia obrigada na que se integren, dinamicen e interrelacionen todos os sectores reunidos entorno á industria cultural galega.

Todos os que queiran coñecer esa oferta cultural do país teñen unha gran cita en Cultur.gal, pois constitúe un perfecto escaparate tanto para os técnicos, que terán nesta feira un punto de encontro de asociacións profesionais, como para a cidadanía en xeral, que poderá coñecer e mercar todos os produtos culturais: libros, discos, produtos audiovisuais, produtos informáticos, artesanía do libro e do papel.

Unha das grandes liñas de actuación do Cultur.gal será a das actividades culturais. Xa que logo, ao longo deses catro días de maio existirá unha continuada oferta de eventos, baseada na presentación de libros e discos, no encontro con escritores e músicos, proxeccións, mesas redondas, actuacións musicais, actividades infantís ou danza, así como a retransmisión en directo de diversos programas de radio e televisión, para o que se conta co apoio da RTVG.

  Xoves 10

11.00-12.00 Concerto da Banda de música de Pontevedra.
Espazo: Auditorio.

12.00-13.00 Acto de inauguración oficial. Pregón a cargo do actor Quico Cadaval.
Espazo: Recinto feiral.

15.00-16.00 Emisión en directo. Programa Diario Cultural, dirixido por Ana Romaní.
Espazo: Radio Galega.

16.00-17.00 Emisión en directo. Programa Aberto por reformas, dirixido por Xurxo Souto.
Espazo: Radio Galega.

16.00-17.30 Documentais. Proxección de Memorial de Camposancos, de José Ballesta de Diego.
Espazo: O tubo.

16.00-21.00 Experimentar coa dobraxe cinematográfica. Con escenas de Heroína, Para que non me esquezas, Trece badaladas, Finisterre, O ano da carracha e O lapis do carpinteiro.
Espazo: Clúster do Audiovisual.

16.00-17.30 Longametraxes galegas. Proxección de De profundis, de Miguelanxo Prado.
Espazo: Salón de actos.

17.30-21.30 I+C: Oportunidades e desafíos para a cultura galega en Internet. 17.30: Inauguración da xornada, organizada polo Consello da Cultura Galega, Consellería de Innovación e Industria e Consellería de Cultura e Deporte. 17.45: "Creando raiceiras dixitais. Como se dixitaliza e publica o noso patrimonio en Internet". Interveñen Chus Martínez, Pedro Saco e Antonio Reigosa. 18.50: "Cultura na rede: ideas para o futuro". Interveñen Luís Hernández, Manuel Gago e Carlos Santiago. 20.00: Víctor Freixanes entrevista a Francis Pisani, analista e pioneiro do xornalismo dixital.
Espazo: Seminario III.

18.00-19.00 Lonxa cultural. Presentación de Misturados, disco en directo de Cristina Pato + Mutenrohi (Zouma Records).
Espazo: Café literario.

18.00-19.30 Documentais. Proxección de How soon is now?, de Alfonso de la Puente.
Espazo: O tubo.

19.00 Novidades editoriais. Presentación do libro O soño da febre, de Miguel Anxo Murado, publicado pola editorial Galaxia.
Espazo: Café literario.

19.00 Stands editoriais. A escritora Fina Casalderrey asinará exemplares das súas obras A lagoa das nenas mudas e A pomba e o degolado.
Espazo: Stand de Ed. Xerais.

19.30 Stands editoriais. A escritora María Reimóndez asinará exemplares das súas obras Usha e O club da calceta.
Espazo: Stand de Ed. Xerais.

20.00 Stands editoriais. O escritor Suso de Toro asinará exemplares da súa novela Home sen nome.
Espazo: Stand de Ed. Xerais.

20.00-21.30 Documentais. Proxección de Soños dende o abismo, de Sandra Sánchez Cachaza.
Espazo: O tubo.

20.00-21.30 Longametraxes galegas. Proxección de O bosque de levas, de Antón Dobao, adaptación da novela homónima de Alfonso Álvarez Cáccamo.
Espazo: Salón de actos.

20.30 Palabras contadas. Presentación da exposición. Interveñen Camilo Franco e Magín Blanco.
Espazo: Café literario.

21.00 Pezas escénicas de Mofa e Befa. Espectáculo de pago (entradas á venda no posto de información).
Espazo: Auditorio.

Venres 11

10.00-14.00 Seminario sobre Comercio internacional do libro. Organizado pola Asociación Galega de Editores. Patrocina a Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural.
Espazo: Seminario I.

12.30-13.30 Concerto da Banda de música de Pontevedra.
Espazo: Auditorio.

12.30-14.30 Curtametraxes de ficción: Sen chumbo, Cartoons, Premio, Meniña, Amigos invisíbeis, A rosa dos ventos, Adeus Edrada? e Amelia e as sereas.
Espazo: O tubo.

13.00-14.00 Actividades para profesionais. Presentación do programa MEGA (Música en Galicia), promovido por Culturagalega.org.
Espazo: Seminario III.

16.00-18.00 Documentais: A casa de Lola de Andrés, Cousas de Kulechov, Contactos, Vilaboa: mirando á Meca, Tecendo o fío da memoria e Mundo Bazar.
Espazo: O tubo.

16.00-21.00 Experimentar coa dobraxe cinematográfica. Con escenas de Heroína, Para que non me esquezas, Trece badaladas, Finisterre, O ano da carracha e O lapis do carpinteiro.
Espazo: Clúster do Audiovisual.

16.30-21.30 Seminario sobre Comercio internacional do libro. Organizado pola Asociación Galega de Editores. Patrocina a Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural.
Espazo: Seminario I.

17.00-18.00 Novidades editoriais. Presentación da novela Plastilina nos pulmóns, de Jaureguizar, publicado pola editorial Tambre.
Espazo: Café literario.

17.00-18.00 Proxeccións. Trailer e making-off de Hotel Tívoli, de Antón Reixa.
Espazo: Clúster do Audiovisual.

17.00-20.00 Emisión en directo. Programa As quimbambas, dirixido por Susana Rois.
Espazo: Radio Galega.

18.00-20.00 Curtametraxes experimentais: Longo sendeiro de pedra, Danza na terra, Paralelo, Estiven en Galicia e lembreime de ti, Dez olladas, Ecos e La línea.
Espazo: O tubo.

18.30-19.30 Lonxa cultural. Presentación do disco Engado, música de Xosé Lois Romero para Nova Galega de Danza (Falcatruada).
Espazo: Café literario.

19.00 Stands editoriais. O escritor Agustín Fernández Paz asinará exemplares da súa obra Corredores de sombra.
Espazo: Stand de Ed. Xerais.

19.30 Stands editoriais. O xornalista Eduardo Rolland asinará exemplares da súa obra Galicia en guerra.
Espazo: Stand de Ed. Xerais.

19.30-20.30 Novidades editoriais. Presentación de NDL (Novas de libros), revista de novidades editoriais da AGE, financiada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Espazo: Café literario.

20.00 Stands editoriais. O cineasta Héctor Carré asinará exemplares da súa novela Diario do impostor.
Espazo: Stand de Ed. Xerais.

20.00-21.30 Emisión en directo do programa Xabarín Club da TVG.
Espazo: Auditorio.

20.00-21.30 Concerto do grupo Malvela.
Espazo: Salón de actos.

20.30-21.30 Lembranza de María Mariño. Proxección do vídeo documental Estudos sobre María Mariño, de Manuel Forcadela.
Espazo: Café literario.

Sábado 12

11.00-12.00 Documentais. Proxección de Soños dende o abismo, de Sandra Sánchez Cachaza.
Espazo: O tubo.

11.00-14.00 Acción grafitti. Creacións en vivo de Sekone, muralista e ilustrador do colectivo Dios ke te crew.
Espazo: Entrada do Pazo.

11.00-14.00 Emisión en directo. Programa Extrarradio, conducido por Belén Regueira e Eduardo Herrero.
Espazo: Radio Galega.

12.00-13.00 Recital poético. "Prestidixitador e outras accións", a cargo de Antón Lopo.
Espazo: Café literario.

12.00-13.00 Stands editoriais. O escritor Carlos G. Meixide asinará exemplares da súa novela O home inédito.
Espazo: Stand de Rinoceronte Editora.

12.00-14.00 Curtametraxes de ficción: Sen chumbo, Cartoons, Premio, Meniña, Amigos invisíbeis, A rosa dos ventos, Adeus Edrada? e Amelia e as sereas.
Espazo: O tubo.

12.00-14.00 Xornada técnica. "A calidade na educación (O modelo finlandés)", conferencia do profesor Javier Melgarejo. A continuación, coloquio sobre a calidade no ensino coordinado por José Moyano, presidente de ANELE.
Espazo: Seminario I.

12.30-13.30 Multimedia. Presentación do videoxogo ELE (Efecto Ligado á Extinción), de Continental Producións.
Espazo: Clúster do Audiovisual.

12.30-14.00 Premios da Asociación de Empresarios Galegos de Artes Gráficas. Entrega de premios e concerto de música clásica.
Espazo: Salón de actos.

13.00-14.00 PAI-Música. Concerto acústico do dúo Setesaias.
Espazo: Café literario.

14.30-15.00 Emisión en directo. Programa A casa do vagabundo, conducido por Rivadulla Corcón.
Espazo: Radio Galega.

16.00-17.00 Novidades editoriais. Presentación da novela Rinocerontes e quimeras, de Marcos S. Calveiro, publicado pola editorial Tambre.
Espazo: Café literario.

16.00-17.30 Documentais. Proxección de How soon is now?, de Alfonso de la Puente.
Espazo: O tubo.

16.00-18.00 Acción grafitti. Creacións en vivo de Sekone, muralista e ilustrador do colectivo Dios ke te crew.
Espazo: Entrada do Pazo.

17.00-18.00 Mesa redonda: A adaptación literaria ao cine. Participan Manuel Castelao, Pancho Casal, Pere Roca e Antón Dobao. Coordina: Manuel González.
Espazo: Café literario.

17.00-18.00 Stands editoriais. O escritor Carlos G. Meixide asinará exemplares da súa novela O home inédito.
Espazo: Stand de Rinoceronte Editora.

17.30-19.30 Documentais: A casa de Lola de Andrés, Cousas de Kulechov, Contactos, Vilaboa: mirando á Meca, Tecendo o fío da memoria e Mundo Bazar.
Espazo: O tubo.

18.00-19.00 Novidades editoriais. Presentación do libro Arte e parte, de Xurxo Borrazás, publicado pola editorial Galaxia.
Espazo: Café literario.

18.00-20.00 Proxeccións. Trailer e making-off de O neno de barro (Adivina Producións). Charla co seu director, Jorge Algora, e co director de fotografía, Suso Bello, sobre as experiencias da rodaxe.
Espazo: Clúster do Audiovisual.

18.00-20.00 Festicultores Troupe. Música de pasarrúas.
Espazo: Recinto feiral.

18.30 Stands editoriais. A escritora An Alfaya asinará exemplares da súa novela A sombra descalza.
Espazo: Stand de Ed. Xerais.

19.00 Stands editoriais. A escritora Teresa Moure asinará exemplares da súa novela Benquerida catástrofe.
Espazo: Stand de Ed. Xerais.

19.00-20.00 Lonxa cultural. Presentación do disco Revolution Dance, de GalegoZ (Ouvirmos).
Espazo: Café literario.

19.30 Stands editoriais. O escritor Fran Alonso asinará exemplares das súas obras Cartas de amor, Poetízate e A vida secreta de María Mariño.
Espazo: Stand de Ed. Xerais.

19.30-21.00 Documentais. Proxección de Memorial de Camposancos, de José Ballesta de Diego.
Espazo: O tubo.

20.00-21.00 Recital poético. "Poetas galegos: das cantigas aos nosos días", a cargo de Eva Veiga e o grupo Ouriol.
Espazo: Café literario.

20.00-21.30 Longametraxes galegas. Proxección de Concursante, de Rodrigo Cortés.
Espazo: Salón de actos.

21.00 Concerto de Concha Buika. Festival Con voz propia 07 (Venda anticipada no 902 43 44 47).
Espazo: Auditorio.

Domingo 13

11.00-12.45 Curtametraxes experimentais: Longo sendeiro de pedra, Danza na terra, Paralelo, Estiven en Galicia e lembreime de ti, Dez olladas, Ecos e La línea.
Espazo: O tubo.

12.00 Recital. Textos literarios para nenos e mozos.
Espazo: Café literario.

12.00-13.30 Mesa redonda: ilustradores e editores. Moderada pola Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI).
Espazo: Seminario I.

12.45-13.55 Documentais. Proxección de Traballadores do contrabando, de Víctor M. Aparicio.
Espazo: O tubo.

16.00-18.15 Curtametraxes de ficción: Sen chumbo, Cartoons, Premio, Meniña, Amigos invisíbeis, A rosa dos ventos, Adeus Edrada? e Amelia e as sereas.
Espazo: O tubo.

17.00-20.00 A animación cinematográfica. Exhibición de técnicas de capturas de movemento.
Espazo: Clúster do Audiovisual.

18.00-20.00 Festicultores Troupe. Música de pasarrúas.
Espazo: Recinto feiral.

18.30-20.30 Documentais: A casa de Lola de Andrés, Cousas de Kulechov, Contactos, Vilaboa: mirando á Meca, Tecendo o fío da memoria e Mundo Bazar.
Espazo: O tubo.

19.00-20.00 Lonxa cultural. Presentación do disco Polo Aire!!, de Quempallou (Zouma Records).
Espazo: Café literario.

19.00-21.00 Longametraxes galegas. Proxección de Miña Sarah, de Gustavo Ron.
Espazo: Salón de actos.

20.00 PAI-Música. Concertos acústicos (showcases) de Moon Cresta e Cornelius.
Espazo: Café literario.

21.00 Concerto de Marful + Corpo de baile. Espectáculo de pago (entradas á venda no posto de información).
Espazo: Auditorio.

Nota: Os horarios sinalados neste programa poden estar suxeitos a alteracións de última hora. A entrada a todas as actividades é de balde, con excepción dos espectáculos que se celebrarán no Auditorio.

ACTIVIDADES INFANTIL
 
ACTIVIDADES TODO O PÚBLICO
 
NA PAXINA TODO O QUE SUPON ESTE EVENTO