Fedella e brinca oferta cen prazas gratuitas para que os nenos pasen o seu Nadal máis divertido

 Fedella e brinca oferta un centenar de prazas gratuitas para que os máis pequenos pasen o seu Nadal máis divertido. As actividades organizadas pola Concellaría de Consumo desenvolveránse os días 22, 23, 24, 26, 29, 30 e 31 no colexio Froebel. O horario será de 10.00 a 13.00 horas

A Concellaría de Dinamización Sociocultural, a través da área de consumo, invita a todos os nenos do municipio a participar das numerosas actividades que ten programada para este Nadal. Fedella e brinca, unha inicitiva pensada para o desenvolvemento dos nenos na educación moral, intelectual, permitiralles crear xogos e xoguetes, segundo a idade, tendo como base o colexio Froebel pero no que se xogará noutros puntos da cidade.

    Fedella e brinca é totalmente gratuito, ten a disposición dos nenos un cento de prazas, e comezará o vindeiro luns, 22 de decembro, e as súas actividades continuarán durante os días 23, 24, 26, 29, 30 e 31 de decembro, nun  horario de 10.00 a 13.00 horas. Todos os que queiran inscribirse deberán chamar ao teléfono 699 54 42 29 ou ben dirixirse ao correo electrónico correo@sinsc.es. Aínda hai moitas prazas para participar.

    O programa Fedella e brinca está incluido dentro da programación do último trimestre do ano da área de Consumo “Os bos usos”, que comezou dirixíndose ao público adulto cunha conferencia sobre a normativa do hábitat, pero tamén organizou un exitoso curso de cociña e unha conferencia sobre xoguetes coincidindo con estas datas de Nadal.

    Agora Os bos usos volve a retomar o pulso aproveitando as vacacións de Nadal dos máis pequenos das familias pontevedresas. Para eso organiza durante estes sete días diferentes actividades para fomentar neles o consumo responsabel e saudábel. Serán actividades fixas todos os días:

Máis información: