FAMILIAS DO CONCELLO DE PONTEVEDRA CON NENOS/AS MATRICULADOS NO COMEDOR ESCOLAR NO CURSO 2007/08

Estimadas familias:

Informámoslles que debido a unha non correcta comunicación dos importes dos recibos de comedor do pasado curso 2007-08 que levou a un erro na interpretación por parte dalgúns pais dos importes dos mesmos, esta Federación chegou a un acordo coa concesionaria Seruniòn para realizar a seguinte devolución nos recibos do curso pasado.

  • Para a modalidade de 5 días…………………3,56 €/mes dado de alta
  • Para a modalidade de 4 días…………………3,05 €/mes dado de alta
  • Para a modalidade de 3 días…………………1,54 €/mes dado de alta
  • Para a modalidade de 2 días………………….2,02 €/mes dado de alta
  • Para a modalidade de 1 día…………………..1,51 €/mes dado de alta

Os pais que desexen a devolución poden descargar da Web desta Federación www.nontedurmas.org a ficha a cubrir, a cal debe ser remitida antes do 15-11-2008 ó seguinte enderezo de e-mail recibos@serunion.elior.com, unha vez procesadas estas solicitudes Serunión procederá ó abono das cantidades que correspondan durante o mes de decembro de 2008.

Agradecemos a boa disposición da empresa Serunión e a vontade manifestada pola mesma para a resolución desta incidencia

Pontevedra, outubro de 2008

FICHA DEVOLUCIÓN

CENTROS EDUCATIVOS DO CONCELLO DE PONTEVEDRA CON COMEDOR ESCOLAR NO CURSO 2007/08

CEIP CAMPOLONGO
EEI CONCEPCIÓN CRESPO RIVAS
CEIP FROEBEL
CEIP XUNQUEIRA I
CEP XUNQUEIRA II
CEIP MANUEL VIDAL PORTELA
CEIP BARCELOS
CEIP VILAVERDE
CEIP SANTO ANDRE DE XEVE
CEIP SAN MARTIÑO
CEIP CABANAS
CEP MARCOS DA PORTELA
EEI OS CAMPOS