Eleccións dos representantes da comunidade educativa nos consellos escolares de centros docentes

Unha ensinanza de calidade pasa por fomentar a participación da comunidade educativa na organización e xestión dos centros. Participar esixe intervir de forma activa nas decisións e accións que se desenvolven no centro.
Debemos darlle o pulo necesario á participación de todos os sectores sociais para contribuir á mellora da educación tomando como principio que a educación é responsabilidade de todos.
A educación e a participación da cidadanía cobran na actual sociedade do coñecemento e da información un enorme sentido para a organización e o desenvolvemento do proxecto colectivo de comunidade que camina cara a un futuro esperanzador.
Os consellos escolares son o principal instrumento a través do cal a comunidade educativa participa na toma de decisións e na xestión do centro.

Entre todos e todas debemos construir a escola, piar básico da sociedade.

Encontros coa comunidade educativa

Para potenciar e dinamizar a participación ñas eleccións de representantes nos consellos escolares de centros docentes, o Consello Escolar de Galicia desenvolverá 16 encontros, distribuidos por toda a xeografía galega, con todos os membros da comunidade educativa: alum­nado, profesorado, nais e pais, persoal non docente e representantes municipais.

Programa a desenvolver por membros do Consello Escolar de Galicia

A participación educativa:

¿Porque?,¿para que?,¿como?                            

Boas prácticas no funcionamento dos consellos escolares.

CALENDARIO DE ENCONTROS NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA

Estes encontros iniciaranse ás 19:30 horas

CONCELLO

LUGAR

DATA

VIGO

SALÓN DE ACTOS DO CEFORE.INSTITUTO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN

21 DE OUTUBRO

A ESTRADA

TEATRO PRINCIPAL

6 DE NOVEMBRO

PONTEVEDRA

SALÓN DE ACTOS.

PAZO DA CULTURA

13 DE NOVEMBRO

VILAGARCÍA DE AROUSA

SALÓN DE ACTOS.

AUDITORIO MUNICIPAL

19 DE NOVEMBRO

Confirmación de asistencia a través de correo ordinario, electrónico ,teléfono ou fax

Consello Escolar de Galicia

Rúa San Roque, núm. 2

15704 Santiago de Compostela

Tel. 981 552 167 -Fax. 981 581 598

E-mail: conselloescolar@edu.xunta.es

Cartel

Tríptico 

Prensa