EDUCAMERCADO

                                                                                                                                                   

Dende a Federación Provincial de ANPA de Pontevedra (FANPA-PONTEVEDRA) e en colaboración coas Concellarías de Educación e Promoción Económica do Concello de Pontevedra estamos a promocionar unha interesante iniciativa "EducaMercado" cos escolares do centros públicos do concello de Pontevedra.

O proxecto EducaMercado artéllase entorno a un percorrido polo Mercado de Abastos de Pontevedra e un obradoiro de alimentación e hábitos saudables. A finalidade desta proposta é a de contribuír ao fomento, entre os máis pequenos, dunha educación nutricional óptima e baseada nunha dieta equilibrada e sa, mediante o consumo de produtos frescos e de calidade, ademais de achegar e por en valor as instalacións e a actividade comercial que se vén desenvolvendo neste espazo.

Nos obradoiros de alimentación e hábitos saudables os nenos terán a posibilidade de acadar os coñecementos básicos para saber ler e interpretar o etiquetado dun produto, a elaboración da lista da compra, descubrir a variedade de alimentos frescos e a súa temporalidade e analizar os resultados da compra desde o punto de vista da saúde, a nutrición e a seguridade alimentaria. 

A proposta da visita ao mercado vai acompañada dunha serie de fichas didácticas para ilustrar os pasos previos e posteriores á mesma e para que os rapaces fagan o maior aproveitamento posible dos contidos da actividade.

As visitas escolares diríxense a alumnos e alumnas de Educación Primaria, nas que poderán participar ata 80 alumnos por sesión en dúas quendas, de 9:30 a 10:50 horas e de 11:10 a 12:30 horas, ata un máximo de 160 alumnos/as por centro, distribuídos en dúas sesións.

As visitas realizaranse os martes e xoves nas seguintes datas:

Abril: 21,23,28,30

Maio: 5,7,12,14,19,21,26,28

Setembro: 22,24,29

Outubro: 1,6,8,13,15,20,22,27,29

Novembro: 3,5,10,12

Con esta iniciativa, tanto a Federación de ANPA como as Concellarías de Educación e Promoción económica do Concello queren poñer de manifesto a súa aposta polo papel do Mercado de Abastos de Pontevedra como promotor dunha alimentación saudable, e como transmisor dunha tradición comercial que perdura a través do tempo.

PRENSA "Educamercado no CEP A XUNQUEIRA 2"

http://www.lavozdegalicia.es/pontevedra/2009/03/11/0003_7582004.htm

http://www.lavozdegalicia.es/pontevedra/2009/03/13/0003_7587403.htm

FOTOS DA PARTICIPACIÓN DO CEP A XUNQUEIRA 2 EN EDUCAMERCADO