DROGAS

mosimageII XORNADAS DO PLAN MUNICIPAL SOBRE DROGAS DE PONTEVEDRA

Xoves 15 de decembro de 2005 de 9.00 h a 14.00 e de 16.30 h a 20.00 h no salón de actos do Pazo da Cultura de Pontevedra.

II XORNADAS DO PLAN MUNICIPAL SOBRE DROGAS DE PONTEVEDRA:
A importancia do contexto

Estas Xornadas van dirixidas á análise rigorosa dunha contradición á que estamos asistindo na actualidade. Aínda que nunca se investiron tantos recursos como agora, tampouco nunca existiron tantas investigacións sólidas nin tantas publicacións; tantas institucións, tantos recursos económicos e tantos programas, o feito é que o consumo de drogas entre os mozos e mozas non se detén e incluso está baixando a idade de inicio para un importante número de substancias.

Os programas preventivos por si sós non conseguen reducir de forma importante o consumo de drogas porque hai circunstancias críticas que escapan ao seu control. Non parecen funcionar cando as condicións de vida real non son favorábeis, e teñen pouca influencia sobre as circunstancias nas que viven e medran os mozos/as e nas que aparecen os riscos e resistencias ante o consumo. No entanto, isto cambia cando os programas presentan un importante compromiso comunitario, é dicir, cando incorporan medidas que dalgún xeito actúan sobre os contextos de socialización (competencia familiar, calidade educativa, cohesión social e lecer alternativo, por exemplo). Este esforzo require de medidas globais e intersectoriais que só se poden abordar a través de plans e políticas municipais dirixidas ao desenvolvemento social dos mozos e mozas.

Dirixidas a
Responsábeis, técnicos de prevención, de asistencia e inserción en drogodependencias, sanitarios, psicólogos, pedagogos, psicopedagogos, sociólogos, docentes, traballadores sociais, educadores, mediadores, axentes sociais e estudantes universitarios dos últimos cursos.
Organización
Excmo. Concello de Pontevedra.

Plan Municipal sobre Drogas de Pontevedra. Área de Benestar Social.

Colabora
Pazo da Cultura.

Data e Lugar
Xoves 15 de decembro de 2005 de 9.00 h a 14.00 e de 16.30 h a 20.00 h no salón de actos do Pazo da Cultura de Pontevedra.

PROGRAMA

Mañá
9.00 – 9.30 h – Entrega de material.

9.30 – 10.00 h – Inauguración.

Sr. D. Miguel Anxo Fernández Lores. Alcalde de Pontevedra.

Sr. D. Juan Antonio Martín Tejedor. Delegado da Consellería de Sanidade en Pontevedra.

Sr. D. Jesús Morán Iglesias. Xefe de Área de Prevención, Reinserción e Coordinación do Plan de Galicia sobre Drogas.

Sra. Dª. Margarita Castejón García. Concelleira de Benestar Social do Concello de Pontevedra.

10.00 – 11.15 h – Conferencia: Reflexións sobre o contexto social na cuestión das drogas.

Presenta: D. Carlos Martín Pícola, xefe do Servizo de Drogodependencias de Pontevedra.

Relator: D. Amando Vega Fuente, profesor da Facultade de Filosofía e Ciencias da Educación da Universidade do País Vasco.

11.15 – 11.45 h – Descanso

11.45 – 13.00 h – Mesa redonda: Os actores do contexto.

Presenta: D. José Mª García Janeiro, xefe do Programa de Prevención de Pontevedra.

Relatores:

Dª. Mª. Dolores Pérez Espiña, orientadora do IES Frei Martín Sarmiento.

D. Carlos Yus Respaldiza, representante da asociación cultural e deportiva A Mimosa.

Dª. Mónica Couso Fuentes, psicóloga da asociación sociocultural INZAR.

D. Roberto Antón Santiago, psicólogo da Fundación Meniños.

13.00 – 14.00 h – Exposición da páxina web do Plan Municipal sobre Drogas de Pontevedra.

Relatores: Dª. Mirian Viñas Cochón, D. Marcos Pérez Cardoso, Dª. Patricia González Martínez e D. Juan Luis González Pérez, membros do punto de información e asesoramento do PMD de Pontevedra.

Tarde

16.30 – 17.45 h – Conferencia: Factores sociais de risco para o uso de drogas. Implicacións prácticas.

Presenta: Dª. Patricia González Martínez, educadora do Programa de Prevención e membro do punto de información e asesoramento do PMD de Pontevedra.

Relator: D. Roberto Secades Villa, profesor da Facultade de Psicoloxía da Universidade de Oviedo.

17.45 – 18.00 h – Descanso

18.00 – 19.30 h – Debate – coloquio: A ras do chan.

19.30 – 20 h – Peche

Sra. Dª. Margarita Castejón García. Concelleira de Benestar Social.

D. Juan Luis González Pérez. Responsábel técnico do Plan Municipal sobre Drogas.

FICHA DE INSCRICIÓN

NOME E APELIDOS:

ENDEREZO:

LOCALIDADE:

DNI: TEL:

CORREO-E:

PROFESIÓN:

LUGAR DE TRABALLO:

A inscrición é de balde.

As prazas serán cubertas por rigorosa orde de inscrición.

Cubre esta inscrición e remítella por fax ou correo electrónico (tamén podes inscribirte por teléfono) ao Plan Municipal sobre Drogas do Concello de Pontevedra.

R/ Sor Lucía, 2, 2º andar (36002) Pontevedra

Teléfono/fax: 986 85 14 89

plandrogas@concellopontevedra.es

www.concellopontevedra.es/pmd