Domingos do Principal 2005

Programación de teatro, do Concello de Pontevedra para os domingos. Unha oportunidade de pasa-lo tempo cos filos/as doutro xeito.

 
O Concello de Pontevedra e o Pazo da Cultura de Pontevedra queren darlle a coñecer a programación dos Domingos do Principal 2005.
Coordinado por Teatro Akatro, este programa de teatro familiar ten como finalidade achegar o teatro a toda a cidadanía e, en particular, ao público de mañá para así, por un lado, fomentar neles o gusto e o costume de ver teatro e, por outro, asegurar un público adulto, formado e crítico no futuro.
 
Estas representacións terán lugar no TEATRO PRINCIPAL de Pontevedra, os domingos para o público en xeral e os luns en aforo concertado exclusivamente con escolares. Para as funcións do domingo as entradas póñense á venda o mesmo día a partir das 16:30. Se teñen algunha dúbida podense poñer en contacto con nos no teléfono: 986 83 30 61.
 
As propostas teatrais son as seguintes:
DATA
HORA/duración
OBRA
COMPAÑÍA
PÚBLICO
13/2/2005
14/2/2005
18:30
10:00/12:00
55 min.
“El mar en el bolsillo”
Jácara Teatro
A partir de 5 anos
27/2/2005
18:30
45 min.
“Elmer el elefante”
Teatro de la Luna
A partir de 3 anos
6/3/2005
7/3/2005
18:30
10:00/12:00
40 min.
“Historia dunha semente”
Caramuxo Teatro
A partir de 3 anos
13/3/2005
18:30
50 min.
“Cielos”
Higiénico Papel
A partir de 6 anos
20/3/2005
18:30
55 min.
“El niño y los sortilegios”
La Tartana
A partir de 4 anos
3/4/2005
4/4/2005
18:30
10:00/12:00
50 min.
“O labirinto dos soños”
Trabalinguas
A partir de 6 anos
10/4/2005
11/4/2005
18:30
10:00/12:00
50 min.
“Hansel y Gretel”
Sim Salabim
A partir de 6 anos
17/4/2005
18:30
70 min.
“El secreto de Lena”
Sambhu Teatro
A partir de 6 anos
24/4/2005
25/4/2005
18:30
10:00/12:00
60 min.
“Papirus”
Xirriquiteula Teatre
A partir de 5 anos
 
 
“El mar en el bolsillo”: O mar cabe nun peto. Como cabe un trompo ou unha pelota. Un pedazo do fondo do mar. E alí, nese pequeno peto, os peixes e a familia Glub pasan un día divertido a ritmo de maxia e de danza. E cóntannos os seus soños, os seus medos e a esperanza de que ese mar fermoso, no que son tan felices, non deixe de ser un paraíso azul.
 
“Elmer el elefante”: Espectáculo de títeres baseado no conto “Elmer” de David McKee. Nos rabaños de elefantes hainos grandes, pequenos, altos, baixos…pero todos son da mesma cor, todos menos Elmer. Elmer é un elefante de cores. Todos gostan de xogar con él. Pero unha noite Elmer marchará da manada a buscar a cor elefante lonxe e á súa volta todos os demais conseguen unha idea chea de cores para Elmer.
 
 
 
 
“Historia dunha semente”: Espectáculo que combina actores con monicreques. É a historia dunha árbore que enche de vida o prado. Galiñas que non poñen ovos, raposos con moita fame, unha mosca namorada na procura dun moscón perfecto para casar, unha nube e un sol moi peculiares e moita diversión. Unha fábula que reflexiona sobre a natureza e os cambios que se producen nela.
 
“Cielos”: Pinza e Gancho son dous técnicos de mantemento espacial que dende a súa nube encárganse de vixiar o perfecto funcionamento das órbitas do sistema solar. Todo vai ben ata que un día a chave de rotación cae ó vacío e todos os planetas se deteñen. Para evitar o caos cósmico, terán que recuperar a chave, facendo unha viaxe chea de aventuras a Globalia, un planeta descoñecido para eles.
 
“El niño y los sortilegios”: Unha ópera para nenos composta polo compositor francés Maurice Ravel na que as travesuras dun neno destapan a maxia que está no interior das cousas que fai que tomen vida un sillón, unha cadeira, un reloxo, os libros, a cheminea… O tempo pasa velozmente e xa é de noite no xardín. Alí subidos nunha árbore os animais tamén teñen qué reprocharlle ó neno. Finalmente todos descubrirán o bo que ten no seu corazón. Un espectáculo que combina obxectos con actores e monicreques. Unha forma distinta de achegarse ó mundo da ópera.
 
“O labirinto dos soños”: Ventura é un neno que non quería durmir porque non sabía soñar. Ate que unha noite, lendo un libro, adormeceu e entrou por primeira vez no mundo dos soños. Tanto lle gustou soñar que empezou a soñar arreo, mesmo soñaba dentro do seu propio soño, de maneira que acabou ensarillado no labirinto dos seus propios soños. Un musical para todos os públicos, un espectáculo audiovisual cheo de ritmo e acción.
 
“Hansel y Gretel”: Sara e Quico quedan na vella estación para marchar de viaxe, abúrrense esperando ate que deciden xogar a representar, axudados polas cousas que atopan, o famoso conto dos irmáns Grimm. Veremos con sorpresa cómo unha vasoira se convirte nunha persoa, ou un paraugas nunha bruxa, ou unha percha  nun neno… Teatro dentro do teatro con música interpretada en directo.
 
“El secreto de Lena”: Lena é unha nena descontenta cos seus pais, ós que vai encollendo de tamaño grazas á maxia dunha poderosa fada. Os conflictos que esta situación xera serven para manter unha trama chea de humor, cunha resolución final que nos da unha mensaxe moi clara sobre as relacións dos pais cos fillos. Inspirada nun relato do autor Michael Ende, foi Premio ó Espectáculo Revelación na Feira Europea de Teatro para Nenos -FETEN- de Gijon.
 
“Papirus”: Dous descoñecidos comparten un terrible pasado marcado pola guerra. Xuntos e con sentido do humor construirán -literalmente- un novo mundo. Utilizando básicamente papel, os xestos e a imaxinación. Unha montaxe poética, que nos transmite humor e tenrura a través dos seus protagonistas. Teatro xestual, sen texto.