DIA DA PAZ 30 de Xaneiro

mosimageCada ano as comunidades educativas céntranse nalgún aspecto que contribúa a mellorar a convivencia entre as persoas. No presente curso tomouse a decisión de centrar a atención en Educar na IGUALDADE ENTRE HOMES E MULLERES e escolleuse un lema que di : “A PAZ NA TÚA MAN”

O día 30 de Xaneiro conmemórase a morte do líder nacional e espiritual da India, Mahatma Gandhi, asasinado a tiros por un fanático hinduísta.
Neste día celebramos tamén o DIA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA e A PAZ. É definido como un día educativo de pacificación, co fin de levar ós alumnos por medio da reflexión persoal ó descubrimento da mensaxe fundamental de que o amor é mellor co odio, a non violencia mellor que a violencia e a paz mellor que a guerra.
Cada ano as comunidades educativas céntranse nalgún aspecto que contribúa a mellorar a convivencia entre as persoas. No presente curso tomouse a decisión de centrar a atención en Educar na IGUALDADE ENTRE HOMES E MULLERES e escolleuse un lema que di : “A PAZ NA TÚA MAN”

É un feito evidente que nos centros educativos, na familia, no contorno inmediato ou no máis afastado, nos medios de comunicación, etc. os nenos e nenas reciben e aprenden mensaxes sobre convivencia, relacións humanas e formas de interpretar a realidade . E tal realidade maniféstase a miúdo en doses de violencia explícita, unhas veces, e silenciada outras, sendo xeralmente as mulleres as víctimas da maioría das agresións.

Existen unha variedade de opinións e posicións ante a violencia doméstica e o maltrato ás mulleres, incluso hai quen fai algunha broma. O maltrato non é unha broma, os continuos asasinatos de mulleres a mans de homes do seu contorno afectivo e social, non

son cousa de risa. A risa convértese en dor cando ademais ó lado de mulleres maltratadas hai nenos que sofren en silencio a súa dor e a dor das súas nais. O número de agresións por violencia doméstica , na nosa sociedade, é arrepiante.

Este non é só un problema familiar de portas para dentro, non é só un problema de parella ou de familias concretas. Este é un problema social, de tódolos cidadáns, e que temos a obriga de velar polo presente e por un futuro mellor para a nosa sociedade.