Decreto 126/2008, do 19 de xuño, polo que se establece a ordenación e o currículo de bacharelato

A finalidade das ensinanzas mínimas é asegurar unha formación común ás alumnas e aos alumnos dentro do sistema educativo español e garantir a validez dos títulos correspondentes, como indica o artigo 6.2º da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. A dita formación facilitará a continuidade, progresión e coherencia da aprendizaxe en caso de mobilidade xeográfica.

A Lei orgánica de educación no artigo 6.4º do capítulo III determina que serán as administracións educativas as que establezan o currículo das distintas ensinanzas reguladas pola citada lei, do que formarán parte os aspectos básicos anteriormente indicados.

Os centros educativos, axentes activos no proceso de ensino e aprendizaxe, desenvolverán e completarán, se for o caso, o currículo establecido, respondendo ao principio de autonomía pedagóxica, de organización e xestión, coa finalidade de adecuarse ás características e á realidade educativa de cada un deles.

Os obxectivos xerais do bacharelato defínense para o conxunto da etapa.
Para cada unha das materias que constitúen o currículo fíxanse os obxectivos, os contidos e os criterios de avaliación.

Neste decreto regúlase, así mesmo, a distribución horaria semanal para cada unha das materias das distintas modalidades.

DOG  23/06/08