Cursos de usuario de ordenador e Internet para pais

Convocatoria para cursos de usuario de ordenador e Internet para Asociacións de Nais e Pais de Alumnos do Concello de Pontevedra

 

Os cursos constarán de dúas partes diferenciadas:

– iniciación á informática (acender o ordenador, teclado, rato, word, pendrive…) e

– sesións básicas do uso da Internet e do correo electrónico (webmail, rexistrarse en www.nontedurmas.org, listas de correo, antispam, antivirus, configuración de correo,  navegador, recursos de seguridade, programas de mensaxería e chat…)

A monitora do curso é a responsable de Dinamización de Tecnoloxías da Información e o Coñecemento (TIC) do Concello de Pontevedra. Os curso fanse en colaboración co Concello.

Ofertaranse dous horarios distintos para facilitar a participación do maior número de nais/pais. Estes cursos estàn dirixidos a todos os pais/nais das ANPA de Pontevedra, pero terán reservadas un 50% das prazas as súas Xuntas Directivas, que no caso de non completarse, adxudicaranse a outros usuarios.


Grupo 1

Horario: 9:30 ás 12:30

Días: luns e mércores

Comezo: 21 de maio

Remate: 30 de maio

Lugar: Pazo da Cultura

Grupo 2

Horario: 10:00 a 13:00 h

Día: sábado

Comezo: 19 de maio

Núm. horas total: 15 h

Lugar: Pazo da Cultura


*Para a realización do curso é necesario un mínimo de 8 persoas.

Para inscribirse:

Por teléfono, no 986843412, de 11:30 ás 13:30, de luns a venres

Por e-mail, a info@nontedurmas.org

Anotádevos o antes posíbel, data límite 16 de maio. Para máis adiante esperamos poder ofrecer cursos de iniciación de ámbito comarcal.