CURSOS DE FORMACIÓN DE AXENTES DE SAÚDE COMUNITARIOS. NOITES ABERTAS 2007

OBXECTIVOS
–          Formar ao profesionais e estudantes do eido socio – comunitario para intervir activamente como axentes de saúde dende as súas experiencias profesionais, asociativas e , quen o desexe, participar  tamén no programa de lecer nocturno xuvenil “Noites Abertas 2007”.
–          Formar a axentes e dinamizadores sociais que traballan con mozos e mozas dende o marco do tempo libre e de ocio, non só en Noites Abertas senón tamén a través de diferentes colectivos sociais dos que forman parte (asociacións, clubs deportivos, centros educativos…) a nivel voluntario ou profesional.
 
CURSOS DE FORMACIÓN DE AXENTES DE SAÚDE COMUNITARIOS. NOITES ABERTAS 2007
 
ORGANIZA
Coordinación do Programa Noites Abertas.
Área de Benestar Social: Departamento de Xuventude, Plan Municipal sobre Drogas e Plan Municipal de Igualdade.
 
OBXECTIVOS
–          Formar ao profesionais e estudantes do eido socio – comunitario para intervir activamente como axentes de saúde dende as súas experiencias profesionais, asociativas e , quen o desexe, participar  tamén no programa de lecer nocturno xuvenil “Noites Abertas 2007”.
–          Formar a axentes e dinamizadores sociais que traballan con mozos e mozas dende o marco do tempo libre e de ocio, non só en Noites Abertas senón tamén a través de diferentes colectivos sociais dos que forman parte (asociacións, clubs deportivos, centros educativos…) a nivel voluntario ou profesional.
 
CONTIDOS
–          Dinámicas de grupo.
–          Prevención de drogodependencias.
–          Promoción da igualdade de oportunidades.
–          Promoción da cultura e da lingua galega.
–          A información como elemento para a igualdade de oportunidades.
–          Metodoloxías dirixidas á integración e inclusión social de persoas e colectivos con dificultades específicas.
 
METODOLOXÍA
A dinámica do curso será participativa e sobre todo baseada en casos prácticos, de xeito tal que en todo momento traballaranse contidos específicos vinculados a casos reais que aparecen na nosa intervención diaria en no programa Noites Abertas e outros similares.
O curso proponse dun xeito modular, de modo que cada persoa pode optar pola súa formación dependendo da súa dispoñibilidade, interese e motivación:
20 horas de formación na aula sobre contidos teóricos.
10 horas de  formación específica sobre técnicas de tratamento  da información e como adecuala aos destinatarios en función das súas necesidades e características.
10 horas de proceso: desenvolveranse paralelamente á fase práctica de 20 horas, así poderemos en todo momento ir facendo avaliación das nosas experiencias  na intervención concreta en Noites Abertas 2007.
20 horas prácticas: desenvolvendo actividades informativas e de promoción da saúde no marco xeral do programa Noites Abertas que terá lugar de xaneiro a maio de 2006, en diferentes puntos do noso municipio.
 


DURACIÓN
40 horas teórico – prácticas (divididas en módulos de 20 horas, 10 horas e 10 horas).
20 horas prácticas en Noites Abertas (fase voluntaria).
 
CERTIFICADO DE ASISTENCIA
Modalidade A: expedirase certificado do Concello de Pontevedra por 20 horas para quen opte  só pola fase teórica das primeiras 20 horas de formación.
Modalidade B: recibirán certificado do Concello de Pontevedra por 60 horas aquelas persoas que realicen o curso completo e que realicen a fase práctica en actividades de Noites Abertas como mediadores/as en saúde. Contarán ademais co carné de colaborador/a de Noites Abertas 2007, disfrutando das vantaxes que isto supón (descontos, agasallos, premios…).
 
DATAS
As datas e horarios definitivos acordaranse co grupo de pre – inscritos/as, pero desenvolveranse no intervalo que vai de decembro de 2006 a maio de 2007.
 
INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS:
COORDINACIÓN DE NOITES ABERTAS
Departamento de Xuventude – Área de Benestar Social
Casa Azul, r/ Sor Lucía, 2,3 º andar, 36002 Pontevedra
Tel. 986 840367      Fax 986 846145
mvinas@concellopontevedra.es
 
 
———————————————————————————————————————————————–


CURSOS DE FORMACIÓN DE AXENTES DE SAÚDE COMUNITARIOS.  NOITES ABERTAS 2007
 
 
FICHA DE PREINSCRICIÓN
NOME E APELIDOS:
 
 

ENDEREZO:

 
 
TELÉFONO
 
MÓBIL

E-MAIL

Desexo facer a pre-inscrición para o curso de formación de axentes de saúde comunitaria organizado polo Concello de Pontevedra a través da Coordinación do Programa Noites Abertas 2007, na seguinte modalidade (marcar cun X a opción desexada):
Modalidade A (20 horas)
 
Modalidade B (60 horas)
 
Interésame facer este curso porque:
 
 
 
 
 
Formación que posúo e experiencia profesional relacionadaa
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Entregar a:
 
COORDINACIÓN DE NOITES ABERTAS
Departamento de Xuventude – Área de Benestar Social
Casa Azul, r/ Sor Lucía, 2,3 º andar, 36002 Pontevedra
Tel. 986 840367      Fax 986 846145
mvinas@concellopontevedra.es