Curso de educación vial para rapaces en colaboración co RACE en Pontevedra

RACE de Educación Vial en colaboración co Concello de Pontevedra do 27 febreiro ao 2 marzo desenvolve un curso itinerante de educación vial -unha parte salientábel da educación cívica centrado na prevención de accidentes de tráfico e dirixido en especial, a alumnos de 2º ciclo de Educación Primaria.

Polas tardes estará aberto ao público en xeral e pódese concertar a realización do curso de unha hora de duración, por distintos colectivos interesados na temática. Debido a grande labor que desempeñan no tocante á educación vial, parécemos de especial interese invitalos a participar en dita actividade.

Para levar a cabo o programa, o Real Automóvil Club de España, conta cun equipo de psicólogos e monitores especializados en Educación Vial. Para o desenvolvemento da actividade dispón dun aula móbil e un parque de educación vial de uns 500 m², onde os alumnos poñen a proba os contidos desenvolvidos.

Os cursos lévanse a cabo cun grupo, en torno a 25, e teñen unha duración de 60 minutos, onde os monitores utilizando os sistemas multimedia desenvolven os contidos didácticos baseados en:

–         Condutas peonís seguras

–         Medidas de seguridade como condutores de bicicletas, uso do casco e material reflectinte, e condutas seguras no transporte escolar.

 Ao finalizar esta parte, explícase a actividade práctica no parque de educación vial. Ao rematar, entrégaselles un diploma certificando o seu aproveitamento.

Contaremos en total con 6 sesións (unha por colectivo interesado), en horario de 16 h e 17 h –a escoller- os días martes 27 de febreiro, mércores 28 de febreiro e xoves 1 de marzo. Así mesmo, as tardes destinaranse a xornadas abertas ao público ata as 19.00 h. As inscricións realizaranse por orde de recepción no número de teléfono 986 86 06 97 (Vanessa).