Conferencia para o público infantil na campaña “Non son un boneco”

A campaña da Concellaría de Medio Ambiente promove baixo o lema “ Non son un boneco” unha conferencia para o público infantil .Organízase o vinderiro 13 de decembro (Café Moderno) unha conferencia destinada aos nenos/as pontevedreses, a cargo de D. David Quiñones e Dna. Raquel Rodelgo, veterinarios especializados en animais de compañía.Acompañados de seus pais e nais, achegarásalles os cativos, dun xeito cercano e axeitado á súa idade, as responsabilidades que supón un can e como eles poden colaborar e deben de participar nesas responsabilidades.

A campaña “ Non son un boneco”  ten como obxectivo potenciar o uso do microchip identificativo nos cans, así como evitar a adquisición non mediata destes animais (co que elo conleva), especialmente nestas datas, próximas ao nadal.Neste senso, considérase prioritaria a formación cidadá desde as idades máis temperás.