Colexio Froebel

Xornada lectiva en sesión única de mañá, de 9 a 14 horas

Enderezo de correo electrónico da ANPA "Pardo Bazán" do CEIP Froebel de Pontevedra

anpa.froebel@gmail.com

Actividades extraescolares: De luns a xoves, das 16,30 ás 18,30 horas

Servizo de comedor: Xestionado pola ANPA


PROGRAMACIÓN DO CURSO 2005/06

Asociación de Nais e Pais “ Pardo Bazán “

Actividades extraescolares


LUNS.- Informática, Taekwondo, Cociña, das 16,30 ás 18,30 h.

MARTES.- Balonmán, Baile latino e moderno, Bailes tradicionais, Iniciación á L. italiana, das 16,30 ás 18,30 h.

MÉRCORES.- Informática, das 16,30 ás 18,30 h.

XOVES.- Debuxo e Pintura, Teatro, Natación das 16,30 ás 18,30 h.

PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO

A educación que se imparte nesta Escola está baseada na tolerancia e no respecto a todo tipo de crenza e opinión; no desenvolvemento de actitudes e valores relacionadas coa paz e solidariedade.

Propugnamos un modelo de escola basado na coeducación e igualdade de sexos.

Defendemos un ensino básico centrado no ser e saber facer, e sustentado na diversidade.

Tratamos que alumnas e alumnos sexan persoas creativas, capaces de elaborar criterios propios; cidadáns activos e democráticos que actúen na promoción da saúde, no respecto e mellora do seu contorno e no uso da súa lingua.

Concebímo-la educación como un servizo á sociedade e ó contorno onde se sitúa a Escola.

Web oficial do Colexio