CINE INFANTIL COA FUNDACIÓN MENIÑOS

Novembro 2008

“Benvidos a Belleville” Teatro Principal, 17 de novembro ás 18:00 h.

Francia-Bélxica-Canadá / 2003 / Guión e Dirección: Sylvain Chonet

Música: Benoît Charest / Duración: 65 minutos / Dobrada en castelán

Champion adestra duramente, coa axuda da súa avoa, Madame Souza, coa que vive acompañado do seu can Bruno. Cando Champion ten a oportunidade de participar no Tour de Francia, é atrapado por uns misteriosos homes que secuestran a varios dos competidores. Decidida a atopar ao seu neto Madame Souza cruza o Atlántico ata chegar a Belleville, onde recibe a inesperada axuda de 3 estrelas do musical dos anos 30. Este film aborda temas coma a superación persoal, o apoio da familia e a capacidade de ilusionarse. Ao tempo, critica a deshumanización da cidade moderna.

“O Bosque Animado” Teatro Principal, 18 de novembro ás 18:00 h.

España. / 2001 / Dirección: Ángel de la Cruz, Manolo Gómez / Guión: Ángel de la Cruz

Música: Arturo B. Kress / Duración: 98 minutos / Dobrada en galego

Na Fraga de Cecebre, cando os humanos desaparecen, as árbores abren os ollos e conversan cos animais. A instalación dun poste de teléfonos vaidoso abre unha etapa de desgrazas; as toupas desaparecen, as árbores deixan de cantar… Mentres trama a mellor maneira de declararlle o seu amor a Linda, a toupa Furi decátase de que a situación é crítica. Os habitantes da fraga aliaranse para levar de novo a harmonía e a felicidade ao Bosque Animado.

“Movida baixo o mar” Teatro Principal, 19 de novembro ás 18:00 h.

EE.UU. / 2006 / Dirección: Howard E. Baker, John Fox / Guión: Scott Clevenger

Música: John Powell / Duración: 1 hora e 17 minutos / Dobrada en castelán

Chip é un peixiño que tras perder aos seus pais acode ao arrecife a buscar á súa tía Perla. Os habitantes do arrecife viven atemorizados por Nerón, un tiburón tigre que non para de molestalos e persigue á amada de Chip para que sexa a súa moza. Chip fará todo o que estea na súa aleta para salvar o arrecife e conseguir á peixiña dos seus soños.

“Horton” Biblioteca Pública, 21 de novembro ás 18:00 h.

EE.UU. / 2008 / Dirección: Jimmy Hayward, Steve Martino / Guión: Ken Daurio, Cinco Pauil

Música: John Powell / Duración: 88 minutos / Dobrada en castelán

Simpática película de animación que se desenvolve na selva, protagonizada por un despreocupado e

divertido elefente chamado Horton. A súa vida cambia cando por casualidade escoita un berro de socorro que sae dunha partícula de pó, e se decata que nela vive xente. O elefante superará todo tipo

de dificultades para salvalos. A idea que inspira a misión de Horton é “unha persoa é unha persoa por pequena que sexa”.

LUGARES DE CELEBRACIÓN:

Teatro principal de Pontevedra. Rúa Paio Gómez Charino S/N

Biblioteca Pública de Pontevedra. Rúa Alfonso XIII, 3 -36002 Pontevedra

Entrada gratuíta