CICLO DE TEATRO 2006

Concello de Pontevedra
programa que ten como finalidade achegar o teatro a toda a cidadanía e, en particular, ao público de mañá para así, por un lado, fomentar neles o gusto e o costume de ver teatro e, por outro, asegurar un público adulto, formado e crítico no futuro. -Programación-

 CICLO DE TEATRO 2006
Concello de Pontevedra
 programa que ten como finalidade achegar o teatro a toda a cidadanía e, en particular, ao público de mañá para así, por un lado, fomentar neles o gusto e o costume de ver teatro e, por outro, asegurar un público adulto, formado e crítico no futuro.
Esta representación terá lugar no TEATRO PRINCIPAL de Pontevedra, en aforo concertado exclusivamente con escolares. A un prezo de 1,5 € por neno. Se teñen algunha dúbida podense poñer en contacto con nos no teléfono: 986 83 30 61.
A proposta teatral é a seguinte:
DATA
HORA/duración
OBRA
COMPAÑÍA
PÚBLICO
3/02/06
11:30 h
1h 20min
"Os homes só contan ata tres"
A Factoría Teatro
A partir de 16 anos
10/03/06
11:30 h
1h 20min

“Só, sobre”

Sapristi
A partir de 13 anos
28/04/06
11:30 h
1h
“Por un millón de dólares”
Bucanero & Eme2
A partir de 16 anos
"Os homes só contan ata tres": Luísa e Helena son irmáns e comparten apartamento na cidade. Luisa é unha autora e directora teatral de éxito, independente e segura de si mesma. Helena pasa as horas no apartamento, cociña, limpa… E de vez en cando escribe… para ela, ninguén coñece os seus escritos.
As irmáns teñen a vida organizada, coñecen o rol de cada unha e ningunha delas tenta cambiar o estatus có que están instaladas. Máis na vida delas vai aparecer un terceiro personaxe que vai facer saltar en anacos a orde establecida. Nico é un novo actor, fermoso e intelixente do que se namora Luísa. Sen apenas consultar con Elena, convídao a compartir vida e apartamento. A empatía entre Helena e Nico non tarda en aparecer e o achegamento entre eles.
O conflicto é evidente e o desenlace non deixa lugar a dúbidas: os lazos de sangue saen vencedores neste conflicto a tres bandas.
“Só, sobre”: conmemorando o día da muller traballadora.
Fe e Esperanza son dúas mulleres as cales lles deu a sorte formar parte da lexión de persoas que deben gañar o sustento malvendendo as horas das súas vidas executando traballos no penúltimo paso da escala social a cambio dunha presa de euros que, coma a area, desaparecen en canto abres a man.
Traballando para unha empresa de limpeza, apenas alcanza o mínimo para a súa subsistencia. Nesa situación calquera imprevisto supón un drama para as dúas amigas.
Fe toma a iniciativa e solicita unha licencia para establecer unha liña erótica telefónica. Os ingresos comezan a subir, polo que parece que a sorte cambia para as dúas mulleres.
A singularidade e imaxinación que desprenden as mulleres nas súas locucións chama a atención dun importante productor de películas X, quen as pon en nómina. Levada da curiosidade e tamén do interese por aumentar as rendas, Fe proba sorte coa prostitución. Dende a súa primeira experiencia percátase de cal debe ser o seguinte paso lóxico; a psicoanálise. Fe convértese en psicoanalista. Ten en Esperanza a súa primeira paciente.
“Por un millón de dólares”:  Chegou ós escenarios o teatro de gansters. Ó máis puro estilo do cine negro Americano, “ Por un millón de dólares” traslada dende o celuloide ó teatro todos os ingredientes do xénero negro, e algúns máis.
Nesta obra hai acción, tiros, persecucións, raptos, gansters sen escrúpulos, detectives arriscados, soplóns, exconvictos ávidos de vinganza, hai amor e hai moito, moito humor… e para aderezar todo isto… a música… con cancións interpretadas en riguroso directo que convirten a “Por un millón de dólares” nun espéctaculo mafioso-musical no que cabe todo agás o aburrimento.
E por suposto, non podía faltar o diñeiro, o millón de dólares, o botín co que tentarán facerse os irmáns Tony e Fredo Giulianni, xefes do hampa da cidade, e os que tratarán de por en dificultades os detectives-cazarecompensas Jack Calahan e Bob Sanders. A trama tomará camiños insospeitados coa aparición dunha muller, a doce Mary Strawford, da que se namorarán fredo Giulianni e Jack Calahan. Non se pode contar máis. ¿Quen conseguirá o millón de dólares? ¿ quen conseguirá a Mary Strawford? ¿ rematarán todos vivos o espectáculo?
 

*Se desexan asistir a algunha das funcións deberán cubrir a folla de solicitude