CHINA POR DESCUBRIR;COMEZA A AVENTURA

Este venres (27/2/09) o apaixonante mundo chinés invadirá cada un dos comedores escolares dos colexios do concello de Pontevedra. Dentro do programa lúdico-educativo de Serunión celébrase un día dedicado a cultura chinesa, será todo un acontecemento, pero tanto os/as monitores/as e os nenos/as levan traballado moito, dende hai tres semanas en días alternos estiveron a preparar a decoración, adornos típicos como abanos, farois, manteis …

Aprenderon datos interesantes e curiosos da cultura dese país, tales como número de habitantes, inventos, símbolos, idioma, capital, gastronomía, o zodíaco e os seus símbolos, lendas e moito máis.

Para a ocasión, os nenos/as que teñan disfrace levarano, non é obrigatorio, o que si se fará é caracterizalos a todos/as.O menú vai ser estupendo, de primeiro sopa de peixe con fideos chinos, de segundo arroz fritido tres delicias con anacos e de sobremesa mandarina de Pekín, todo un manxar para os máis pequenos/as. E para rematar, cantigas que ensaiaron todos estes días, e como non, xogarán a captura do rabo do dragón, ánimo rapaces que non é tan fera a besta como a pintan.

Poida ser que haxa algunha sorpresa, todo pode acontecer!!!!

A Voz de Galicia

Concello de Pontevedra

Terra noticias

Que.es

mosimage

mosimage

mosimage

mosimage

mosimage

mosimage

mosimage

mosimage

mosimage