Charla coloquio “Plan Bolonia” en Tui

As ANPA de Tui convídanvos a participar na charla coloquio sobre o Plan Bolonia, que terá lugar o vindeiro 23 de abril de 20:30 a 22:00 horas na área panorámica de Tui. O citado coloquio será moderado polo director de radio Tui José Font e retransmitido en directo

É intención destas Anpa facer chegar toda a información sobre un tema de actualidade e que afecta a toda a comunidade educativa,  desde distintos puntos de vista, para iso contan cos seguintes participantes

-Inmaculada Prieto (área de adaptación ao espazo europeo da Universidade de Vigo)
-Felipe Trillo Alonso (ex decano da facultade de Ciencias da Educación)
-Luis María Hervella Torrón (coordinador do programa a ponte entre o ensino medio e a USC)
– Sindicato de estudantes 

Colabora: ANPA de Tui, Concello de Tui, Radio Tui e FANPA PONTEVEDRA