CAMPAÑA PANOS BRANCOS 2009
Dende FANPA-PONTEVEDRA queremos informarvos da campaña panos brancos e ,pedirvos colaboración para portar a bandeira contra a droga, dentro dos actos previstos para o día internacional contra o uso indebido e o tráfico ilícito de drogas que se vai desenvolver en pontevedra o vindeiro 26 de xuño.
Da Fundación Galega contra o Narcotráfico achéganos unha invitación a todas as ANPApara participar nos actos que se van celebrar na cidade.
Solicitan a vosa colaboración especialmente para a marcha da bandeira contra a droga, na que se farán distintos relevos en parellas con unha distancia duns 800 m, sería andando, co cal é asequible para todos/as. precisamos a colaboración de 2 pais/nais, 4 estudantes (dous de primaria e dous de secundaria) , 2 avós/avoas,2 amos/amas de casa. Se fose posible formar parellas mellor (pai/nai, estudantes neno/a, avó/avoa…)
Esperamos que vos animedes a participar nos actos e portar a bandeira.