Calendario escolar para o curso 2008/2009, nos centros docentes sostidos con fondos públicos

Orde do 29 de maio de 2008 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2008/2009, nos centros docentes sostidos con fondos públicos.

A disposición adicional quinta da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (BOE do 4 de maio) establece que as administracións educativas fixarán anualmente o calendario escolar e que este comprenderá un mínimo de 175 días lectivos para o ensino obrigatorio.

Tendo en conta que as funcións de planificación, regulación e administración do ensino regrado son competencia da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e co obxecto de fixar o calendario escolar e as actividades de fin de curso para o curso 2008/2009 nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, por proposta da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa,

DOGA 5/06/08