BASES DE AXUDAS “O MEU PRIMEIRO VOO 2008”

1. OBXECTO

A Deputación Provincial de Pontevedra, consciente da necesidade de ofertar programas, recursos
e actividades para os mozos e mozas da provincia de Pontevedra convoca para o ano 2008, axudas
destinadas a subvencionar programas para os diferentes colectivos de idades co fin de potenciar o
compañerismo, a convivencia, a solidariedade á par que acadar un maior enriquecemento cultural.

2. DESCRIPCIÓN DO PROGRAMA

O programa consiste en pasar un día en Madrid, coñecendo os lugares máis emblemáticos da capital
de España, dando a oportunidade para moitos dos rapaces/zas de poder viaxar en avión por vez primeira.
Así pois cada grupo de nenos e nenas deberá presentarse no aeroporto de Peinador (Vigo), onde
se realizarán os trámites de facturación e embarque no voo con destino a Madrid, alí recolleráos
un autocar cun guía que lles acompañará durante o percorrido, visitando diferentes lugares previstos
previamente no programa da viaxe (Madrid dos Austrias, Madrid dos Borbóns, Museo do Prado,
Zoo, etc.).Tamén se ofrecerá unha serie de visitas opcionais (Parque de atracións de Madrid, Cine Imax,
musicais, etc.), cuio coste será aboado polo propio interesado/a, como alternativa ó programa estándar
co fin de que os grupos de escolares poidan escoller as alternativas que máis lle interesen, sempre
que se forme un grupo mínimo de participantes estipulado pola axencia adxudicataria do programa.

3. ADHESIÓNS DOS CONCELLOS

Todo os Concellos da provincia de Pontevedra, poderán sumarse mediante acordo de adhesión
adoptado polo órgano competente, remtíndose certificación expedida polo Secretario do mencionado
acordo, dentro dos 15 días naturais seguintes á notificación da apertura do programa, que se trasladará
mediante carta certificada ós Concellos. Se oúltimo día coincidise en festivo, prorrogarase o
prazo ata o primeiro día hábil seguinte.

4. SELECCIÓN DE SOLICITUDES

Nos Concellos adheridos cando as prazas subvencionadas fosen inferiores ás demandadas, realizarase
a selección dende os Servicios Sociais Municipais, seguindo criterios de valoración tales como
non participar noutras convocatorias e a situación sociofamiliar, dando a opción de que os escolares
non subvencionados por límite de prazas poidan igualmente participar achegando a parte da subvención
do Concello.
Na Deputación Provincial terase en conta o rexistro de entrada do oficio dos Concellos, e dos
Centros Educativos (nos casos nos que os Concellos non se adhiran), nos que se acompañarán as solicitudes debidamente cumplimentadas e asinadas.
Esta circunstancia terase en conta se o número de prazas supera ó total subvencionado, segundo orzamento.

5. PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS DOS BENEFICIARIOS

A presentación de instancias farase nos Rexistros dos Concellos adheridos dentro dos 20 días naturais
seguintes á notificación da apertura do programa. Se o último día coincidise en festivo, prorrogarase
o prazo ata o primeiro día hábil seguinte. No caso dos Concellos que non se adhiran, as instancias presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación en horario de 9 a 13 horas, tamén poderanse
presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30/92, de 26
de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións
Públicas e do Procedemento Administrativo, Común e 80 do R.d. 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas, agás por
Correo Electrónico, o prazo de presentación será o mesmo que no apartado anterior, para tal efecto co
municaraselles ós Centros Públicos e concertados a apertura do programa ca fin de que se poñan en
contacto co seu Concello para saber si se adhiren ou non.

6. REQUISITOS DOS/DAS PARTICIPANTES

A. Poderán participar todo os Centros Educativos Públicos e Concertados da ESO pertencentes
a calquera Concello da Provincia de Pontevedra.
B. O Programa diríxese a toda a mocidade do segundo ciclo da ESO (3º e 4º da ESO).
C. No caso de que non houbese ningún mestre/a, técnico/a do Concello, pai, nai o outra persoa
en quen se delegue, que quixese acompañar ó grupo de escolares, éstes non poderían participar
na actividade, posto que non se considera convinte que o grupo participe sen ningún
adulto de referencia.

7. PUBLICIDADE

En toda publicidade que se elabore deberase facer constar a colaboración da Deputación, Área
de Acción Social, segundo establece o artigo 31 do RLXS.

8. PROCEDEMENTO DE CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS

A concesión de subvencións realizarase polo réxime de concorrencia competitiva, correspondéndolle
a instrucción ó Servizo de Acción Social e a adjudicación á Xunta de Goberno, previo informe da
Comisión Informativa de Benestar Social e Muller.

9. DOCUMENTACIÓN

Os Concellos interesados en adherirse ó programa deberán remitir ó rexistro de entrada da Deputación
a seguinte documentación: a. Acordo de adhesión adoptado polo órganocompetente e certificació expedida polo secretario.
b. Listado nominal dos mozos/as participantes.
c. Anexo co nome do mestre/a, pai/nai ou acompañante.
d. Fichas orixinais de inscripción e autorizacións (adxuntase modelo) para cada un dos nenos/as, ou no seu defecto notificación do Concello no que se declare posuír dita documentación no seu haber, non sendo preciso enviar ditas fichas. Co fin de axilizar os trámites, deberase enviar vía Fax o listado nominal de alumnos/as e anexo de acompañantes que van participar, así coma a semana escollida para realizar a actividade, á axencia de viaxes encargada da xestión e organización do programa.

10. FINANCIAMENTO

A contía consignada para a realización do programa ascende a 100.000 €, cantidade que representa o máximo de obrigas que se poden asumir neste programa de axudas, con cargo á partida 08/313.313.227.09 do orzamento ordinario da Deputación Provincial, sen perxuizo de que sexa ampliado
o crédito da mesma ó longo do ano 2008.Se na contratación da asistencia técnica encargada da organización deste programa, se producise unha baixa da adxudicación, con respecto ao prezo
de licitación, dita baixa aplicaríase a unha maior oferta de prazas para participantes, non obstante
os prezos establecidos van ser os seguintes:
O prezo máximo por cada praza queda supeditado ó procedemento de adxudicación da empresa
especializada.

* A Deputación fará unha aportación de 30 euros.

* O Concello fará unha aportación de 20 euros.

* A cantidade restante será aboada polo mozo ou moza participante.

11. XUSTIFICACIÓN E PAGAMENTO DA SUBVENCIÓN

Conforme establece o artigo 17.3.i) da LXS, para proceder ó pago da subvención, a empresa adxudicataria presentará xunto coas facturas, os listados dos escolares participantes por saída e colexio,
cun prazo máximo dun mes a partir da última saída.
O pago das subvencións realizarase directamente no número de conta bancaria da empresa especializada
en xestión de viaxes, así como tamén o pago do importe dos alumnos/as.

12. PRAZO DE VIXENCIA

As presentes Bases terán unha vixencia correspondente a todo o exercicio do 2008.