Axudas par rutas científicas para o ano 2008

Orde do 21 de abril de 2008 pola que se convocan axudas para a realización de rutas científicas durante o ano 2008.

As rutas científicas cumpren unha función importante de facilitarlles aos alumnos a posibilidade de realizaren múltiples actividades de tipo formativo-cultural fóra do medio propiamente escolar, xa que sitúan o alumno nun medio diferente ao seu, que lle vai propiciar unha maior convivencia e cooperación co profesor e outros compañeiros, ampliando os seus coñecementos e a súa comprensión integral, ao coñecer diferentes lugares, xentes, terras, costumes, historias e recursos.

Con base no acordo subscrito pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e o Ministerio de Educación e Ciencia e co fin de permitirlles aos alumnos galegos de bacharelato ou ciclos formativos de grao medio recuperar o interese polas ciencias e o contacto directo con outras zonas e culturas de España.

DOG 02/05/2008