AXUDAS ORDENADORES

EMILIO PÉREZ TOURIÑO ANUNCIA QUE 10.000 FAMILIAS GALEGAS RECIBIRÁN AXUDAS DE 300 EUROS PARA MERCAR ORDENADORES
O titular do Goberno galego tamén salienta que a Xunta concederá cada ano 3.000 bolsas de 1.000 € para que os mozos galegos estuden inglés no estranxeiro
Enmarca estas medidas, que contan cunha dotación orzamentaria de 6 millóns de euros neste exercicio, dentro da política de apoio ás familias
Asegura que con estas medidas, o Goberno da Xunta cumpre co seu compromiso de potenciar a educación e a igualdade de oportunidades entre os mozos galegos

 
Santiago, 19 de outubro de 2005.- O presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, anunciou hoxe dúas medidas de apoio ás familias no ámbito educativo que o Goberno galego vai pór en marcha de forma inmediata e que contan, para o exercicio de 2006, cun orzamento de seis millóns de euros. Concretamente, o titular do Goberno autonómico asegurou que a Xunta vai conceder unha axuda de 300 euros por familia para a compra dun ordenador e que vai poñer en marcha bolsas por importe de 1.000 euros para que os mozos galegos estuden inglés no estranxeiro.
 
Logo de reunirse co presidente da Asociación Galega de Familias Numerosas, Emilio Pérez Touriño explicou, en rolda de prensa, que o Goberno que preside vai conceder axudas por importe de 300 euros para que haxa un ordenador en cada fogar galego. Esta medida, segundo sinalou o presidente da Xunta, vai beneficiar no primeiro ano da súa posta en marcha a un total de 10.000 familias con fillos en idade escolar. Para a concesión destas subvencións, que xestionará directamente a Consellería de Educación, terase en conta o nivel de renda familiar.
 
Emilio Pérez Touriño sinalou ademais que esta medida "terá continuidade nos orzamentos do ano próximo", de tal xeito que outras 10.000 familias galegas poderán beneficiarse desta proposta do Goberno galego.
 
Axudas para a aprendizaxe do inglés
Así mesmo, o máximo mandatario autonómico sinalou que a Xunta vai conceder neste mesmo exercicio 3.000 bolsas para que outros tantos alumnos de ESO con idades comprendidas desde os 12 ata os 17 anos estuden inglés no estranxeiro durante o verán. A dotación económica de cada unha destas bolsas roldará os 1.000 euros, para o cal o Goberno autonómico destinará unha partida orzamentaria anual de tres millóns de euros. Segundo sinalou Pérez Touriño, a intención da Xunta é manter este programa ao longo de toda a lexislatura.

"Trátase, en definitiva, –en palabras do presidente da Xunta- de que as familias que por razóns de renda e por condicionantes de distinto tipo nunca puideron