Axudas de inmersión lingüística no verán 2009

 Orde do 2 de xaneiro de 2009 pola que se convocan axudas en réxime de concorrencia competitiva dirixidas ao alumnado de centros sostidos con fondos públicos para realizar actividades de inmersión lingüística no verán de 2009.

O obxecto desta orde é convocar 2.650 axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para realizar actividades de inmersión lingüística no verán de 2009 (desde a última semana de xuño ata o 31 de agosto)

Poderá ser destinatario destas axudas aquel alumnado que cumpra os requisitos que figuran a seguir:
     a) Estar realizando 6º de educación primaria; 1º, 2º, 3º, 4º da educación secundaria obrigatoria; 1º ou 2º de bacharelato, en centros sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de réxime xeral, durante o curso 2008-2009 na Comunidade Autónoma de Galicia.
     b) Non ter desfrutado dunha axuda para actividades de inmersión lingüística no verán de 2008.
     c) Ter, no curso 2007-2008, unha avaliación positiva na área da lingua estranxeira que se vai perfeccionar na estadía.
     d) Non ter concedida, no presente curso académico, outra axuda coa mesma finalidade.
     e) Non estar incursos nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
     f) Estar en posesión do DNI, NIE ou pasaporte. Aquelas persoas que non teñan nacionalidade española deberán contar co correspondente visado, tarxeta de residencia ou calquera outra exixencia requirida polo país ao que viaxa, segundo corresponda. O alumnado de 2º, 3º, 4º da ESO e o de Bacharelato deberá estar en posesión do pasaporte en vigor.
As persoas que desexen optar á axuda deberán completar en liña, a través da páxina web http://www.edu.xunta.es/axudasle, o formulario electrónico de solicitude …

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

DOG (8/1/09)